A Mesa critica a sentenza “ideolóxica” do Tribunal Supremo pola ordenanza de normalización

O Supremo rexeitou o recurso presentado polo Concello de Lugo por unha sentenza anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


|

O Supremo rexeitou o recurso presentado polo Concello de Lugo por unha sentenza anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


20160414 Protesta non TSXG

Protesta en Lugo


A Mesa pola Normalización Lingüística’ fixo pública a súa “repulsa” á sentenza do Tribunal Supremo onde rexeita o recurso presentado polo Concello de Lugo por unha sentenza anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Mesa considera esta última sentenza “ideolóxica” por parte do máximo organismo do poder xudicial.


O caso vira ao redor da anulación parcial da ordenanza de normalización lingüística aprobada polo consistorio lucense no ano 2012. Marcos Maceira, presidente da Mesa, considera que a postura do TS “ataca elementos da política de normalización da lingua galega completamente asumidos e apoiados maioritariamente polo pobo galego”. Así, Maceira cre que a sentenza “utiliza prexuízos ideolóxicos e políticos fornecidos pola extrema dereita para agredir a lingua e ás persoas que queren utilizala”, dando así ás “á consideración do galego como un idioma inferior”.

Entre os elementos están, entre outros, a rotulación en galego das sinalizacións públicas ou a formación do funcionariado para que desenvolva as súas tarefas en galego, como sinala a nota da plataforma, que considera que o Supremo trata de “poñer límites” á oficialidade da lingua galega e “impedir que o galego e o castelán poidan estar igualados”. Neste aspecto, A Mesa denuncia a “situación de desprotección da lingua” e as “vulneracións” ás que se somete a lexislación vixente. “O mesmo tribunal non actúa contra as máis de 500 disposicións legais que garanten a presenza absoluta do español e sitúan ao galego en inferioridade”, lamenta a plataforma.



Así, A Mesa valora que esta sentenza discrimina aos usuarios de servizos públicos privatizados por razón de lingua “ao primar o suposto dereito de descoñecemento do galego por parte das empresas que prestan servizos á administración municipal fronte ao dereito a empregalo e ser atendido en igualdade de condicións por parte das e dos cidadáns”.

Nesa mesma liña, Maceira considera que os dous organismos xudiciais “renegan de ser xustiza” e cre que “a maioría de galegos e galegas” queren “que a administración rehabilite a lingua, como pretendía o Concello de Lugo”.

Que liberdade hai de empregar o galego se as empresas concesionarias da administración non teñen que ofertala? A única liberdade que vén de recoñecer o TS é a destas empresas para excluír aos falantes de galego de servizos públicos", lamentou Maceira, mentres A Mesa anunciou que iniciará accións contra esta sentenza xunto á plataforma cidadá ‘Queremos Galego’

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE