Escotet usa os beneficios das caixas para lanzar unha OPA sobre Liberbank, que o banco nega

Abanca, produto do rescate das caixas galegas con case 13.000 millóns, suma 2.100 millóns de benificio neto desde que lla adxudicaron a Juan Carlos Escotet. O banqueiro venozalo pretende seguir crecendo comprando entidades rescatadas con diñeiro público, agora lanzando unha OPA en varias fases sobre entidade resultante da fusión das caixas de Asturias, Estremadura e Cantabria, salvadas no seu día con case 7.000 millóns de euros públicos.


|

Abanca, produto do rescate das caixas galegas con case 13.000 millóns, suma 2.100 millóns de benificio neto desde que lla adxudicaron a Juan Carlos Escotet. O banqueiro venozalo pretende seguir crecendo comprando entidades rescatadas con diñeiro público, agora lanzando unha OPA en varias fases sobre entidade resultante da fusión das caixas de Asturias, Estremadura e Cantabria, salvadas no seu día con case 7.000 millóns de euros.



Escotet feijoo premio

Escotet e Núñez Feijóo


A Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) decidiu suspender preventivamente, con efectos inmediatos, a negociación das accións de Liberbank por concorrer circunstancias que puidesen perturbar o normal desenvolvemento das operacións sobre os devanditos valores.


Segundo informa este venres a diario 'Expansión', Abanca achegouse aos principais accionistas da entidade de orixe asturiana para tentar comprala, citando fontes coñecedoras. A operación que expuxo a entidade controlada polo banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet sería a través dunha especie de OPA por partes.


Liberbank reaccionou á sorprendente noticia cun comunicado negándoa. Liberbank afirmou non recibir ata a data ningunha oferta concreta por parte de Abanca, nin mantén conversacións para levar a cabo ningunha operación estratéxica distinta á posible fusión con Unicaja, na que segue traballando. Abanca garda silencio por agora.


POSIBLES FASES DA OPERACIÓN

En primeiro lugar, segundo explica o diario, propón ás tres fundacións herdeiras das caixas fundadoras de Liberbank (CajAstur, Caixa Cantabria e Caixa Estremadura) un troco de accións para manterse no accionariado dunha hipotética entidade combinada. E doutra banda, ofrece aos accionistas privados diñeiro en metálico, a razón duns 55 céntimos de euro por cada un dos títulos que teñen na actualidade, para saír do accionariado do banco.


Este prezo supoñería pagar unha prima do 40% sobre o peche de Liberbank onte en Bolsa. As accións de Liberbank pecharon onte a un prezo de 0,392 euros, cun descenso do 0,76%.


Tras a suspensión da cotización de Liberbank, a CNMV decidiu suspender tamén a negociación de Abanca no Mercado de Renda Fixa AIAF das súas emisións de renda fixa e participacións preferentes.



Abanca dividendos

relacionada Liberbank nega que ABANCA lle presentara unha oferta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE