(VÍDEO) Silvia Aguete, Lucía Gómez e Vane Sotelo: as raíñas do futsal galego

As tres futbolistas veñen de proclamarse campioas de Europa, todas elas cun papel destacado na selección.


|

As tres futbolistas veñen de proclamarse campioas de Europa, todas elas cun papel destacado na selección.


Heroicas e talentosas a partes iguais, as xogadoras de a Selección Española Feminina de Futbol Sala lograron proclamarse campioas de Europa no primeiro torneo continental da historia. Estas pioneiras do deporte impuxéronse en Portugal e sobre parquet luso por un contundente 4-0 que lles permite colgarse ao pescozo o tan soñado ouro.


Atrás quedan cinco meses de loita, desde que empezou a fase de grupos alá polo mes de setembro e ata a Final Four deste mes, onde derrotaron a Rusia en semis e ao país veciño na finalísima. A pesar do avultado do marcador e que o partido parecía resolvido aos dez minutos, cando o luminoso xa mostraba o 0-3, o traballo que hai detrás desta selección é incontestable, e as pupilas de Clàudia Pons gañáronse con suor entrar pola porta grande do olimpismo español.


E en Galicia, non contentos con ter ao único Balón de Ouro da historia de España e á mellor xogadora da historia do balompé nacional, agora sumamos á conta de lendas do fútbol a Silvia Aguete, Vanesa Sotelo e Lucía Gómez, tres guerreiras que, entre libros e balóns, pelexan para poder vivir a súa paixón, o fútbol sala, sen que isto estea rifado coa súa vida profesional. Agora poden proclamar que son as mellores de Europa.


LUVAS, BOTAS E CORAZÓN DE OURO

Silvia Aguete se erixiu como o gran muro da selección. ‘A Vermella’, coa pontevedresa como figura, só encaixou un gol en contra en todo o torneo, no debut ante Romanía. Desde entón, nin Italia, nin Polonia, nin Rusia, nin a finalista Portugal lograron superar á cérbera, determinante no éxito da selección. A gardameta do Poio Pescamar ten agora un reto aínda máis difícil que salvagardar o arco de España: preparar as oposicións que lle proporcionen a estabilidade que a súa paixón non lle puido dar.


E se con parar os goles non basta, os tantos tamén levan o selo de ‘Galicia Calidade’. Coa friorenta de dez goles, cinco deles nun mesmo partido, na vitoria por 12-1 ante Romanía, Vane Sotelo levouse a casa o ouro e a Bota de Ouro do torneo. A ourensá, cun olfacto goleador envexable, é das que non fan prisioneiros unha vez que encara a porta. Para a historia do deporte nacional queda o seu último tanto, o que pechou a conta na final ante Portugal. É das poucas que pode afirmar orgullosa que vive do que máis lle gusta facer: xogar ao fútbol. Con todo, compatibiliza os goles coa camiseta do Alcorcón cos libros. Estuda Maxisterio e Ciencias da Actividade Física e o Deporte en Madrid.


Seleccion feminina de futbol

Vane Sotelo alzouse como máxima artilleira da selección 


E, actuando de á, e co 3 ás costas, Lucía Gómez, unha xogadora incombustible e de gran técnica. Sacrificada tanto en ataque como en defensa, é un dos pulmóns desta selección, deixándose o corazón en cada xogada. En semis fixo o 3-0 ante Rusia, e aos seus 27 anos é unha trotamundos do futsal. Agora, o seu ouro europeo descansará para sempre xunto á Copa de España conquistada en 2017. Como Silvia Aguete, a coruñesa atópase preparando as oposicións mentres xoga no Burela Feminino.


Ademais das futbolistas, cabe destacar a Adrián Paz e Ramón Barreiro, membros do staff técnico desta selección campioa de Europa. Cabe repetilo e lembralo as veces que faga falta. Que non se nos esqueza nunca o merito que ten.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE