(Vídeos) Rifa a Casado e Feijóo de "aficcionados do Celta" no seu acto en Vigo
Centos de persoas concentráronse fronte a entrada do acto do PP esta tarde na sede do RC Celta de Vigo. Proferiron insultos ("Puta Madrid, Puta España") e apupos. Os populares os cualifican de "uns poucos radicais" que non representan a unha cidade "aberta e respectuosa".
Centos de persoas concentráronse fronte a entrada do acto do PP esta tarde na sede do Celta de Vigo no centro. Proferiron insultos ("Puta Madrid, Puta España!") e apupos. Os populares os cualifican de "uns poucos radicais" que non representan a unha cidade "aberta e respectuosa".
Un momento da protesta na foto do Desmarque
Segundo varios vídeos difundidos nas redes sociais, a tensión foi importante, sobre todo cando entraron Alberto Nuñez Feijóo, Alfonso Rueda e Pablo Casado. Por agora, todo parece que quedou en agresións verbais e non hai noticias de detencións.
‼ Pitos e apupos para Pablo Casado e Feijóo na chegada á Sede para o acto do Partido Popular pic.twitter.com/wJjiA5TEph
— ElDesmarque Celta (@desmarquecelta) 14 de febreiro de 2019
O acto ten lugar en "A Sede" do Real Club Celta de Vigo. Segundo a web deportiva El Desmarque, centos dos que protestataban eran seguidores do club de fútbol
📽 A tensión aumenta nos arredores da Sede pic.twitter.com/M2hj1VrHOl
— ElDesmarque Celta (@desmarquecelta) 14 de febreiro de 2019
O PRESIDENTE DO CELTA, MOI PRÓXIMO AO PP
Hai que lembrar que Carlos Mouriño, presidente do Celta, protagoniza unha dura polémica política na cidade.
O empresario criticou en numerosas ocasións contra o alcalde Abel Caballero (PSOE) ao fío da polémica de Balaídos e a nova cidade deportiva fóra da cidade, infraestrutura que conta co apoio de la Xunta e do PP e que recibiu críticas do resto de forzas políticas olívicas. A cesión dun espazo do Celta para un acto partidario parece que pode ser un dos motivos de protesta.
O acto de Vigo é o máis importante de axenda de Casado hoxe en Galicia. O líder conservador tamén estivo en Ourense e noutras localidades galegas. Aínda que a súa presenza serve para lanzar a candidatos como a viguesa Elena Muñoz, a política estatal ha marcado a xornada, con continuas chamadas a que se concrete o anunciado adianto electoral.
Uns poucos radicais recibiron en Vigo a @FeijooGalicia e a @pablocasado_ con berros de "puta Madrid, puta España". Esta cidade, aberta e respectuosa, é moito máis que a intolerancia e a cerrazón duns cuantos. #VigoEsMas
— PP de Galicia (@ppdegalicia) 14 de febreiro de 2019
Escribe o teu comentario