A TVG prioriza a manifestación de Madrid sobre a protesta da sanidade galega

A televisión pública galega no Telexornal Mediodía do pasado domingo dedicou case dez veces máis tempo a informar sobre a manifestación da Praza de Colón que sobre a manifestación celebrada en Santiago de Compostela pola crise que atravesa a sanidade galega.


|

A televisión pública galega no Telexornal Mediodía do pasado domingo dedicou case dez veces máis tempo a informar sobre a manifestación da Praza de Colón que sobre a manifestación de Santiago de Compostela pola crise do SERGAS.


Manifestación en Santiago convocada por SOS Sanidade Pública en contra dos re

Manifestación en defensa da sanidade galega.


TEMPO DE TITULARES

O Telexornal Mediodía abriu os seus titulares coa manifestación da Praza de Colón como primeiro temas. Aínda que sen entrar en cifras concretas, o informativo fala da manifestación como un encontro de “miles de cidadáns procedentes de todos o punto de España” e recolle un fragmento da lectura do manifesto por parte de tres xornalistas. Despois desta información, os titulares continúan con máis noticias relacionadas coa protesta madrileña, como a participación dos líderes de PP, Cidadáns e Vox e a presenza de Alberto Núñez Feijóo na manifestación, onde atedió aos micrófonos da TVG.


CATRO VECES MÁIS TEMPO EN TITULARES

A información de  a manifestación en Santiago de Compostela en defensa da sanidade galega é a segunda noticia máis relevante do día para a TVG. Na noticia faise referencia á participación de “miles de persoas” na mesma e, a diferenza da primeira noticia, non inclúe declaracións dos políticos da oposición que si participaron na marcha nin a lectura do manifesto.


En total, as noticias sobre o encontro en Madrid ocupan 102 segundos do espazo de titulares, mintas que a manifestación da sanidade ten un tempo de pantalla nese espazo de só 24 segundos.


ESPAZO NO TELEXORNAL

Fose do tempo de Titulares, a noticia da manifestación pola sanidade queda relegada a un terceiro posto, xa que o Telexornal dedica o espazo para informar do ocorrido na manifestación de Madrid, con declaracións dos asistentes, dos líderes dos partidos convocantes e a lectura do manifesto. Destacar tamén que na noticia menciónase que á concentración adheríronse “diversos partidos e asociacións”, sen citar a Fogar Social ou Falanxe Española, que participaron nela.


11 MINUTOS PARA MADRID, MINUTO E MEDIO PARA SANTIAGO

A cobertura do evento, que contou coa presenza dun enviado especial en Madrid para cubrir o evento, recolle as declaracións do presidente de la Xunta. Ademais, o Telexornal inclúe dúas noticias máis relacionadas directamente coa manifestación, cunha peza onde se fai un repaso aos acontecementos dos últimos días que motivaron á folga e outra coas declaracións de Pedro Sánchez durante un acto en Cantabria. En total, máis de 11 minutos do tempo informativo dedicáronse integramente a noticias relacionadas coa manifestación de Madrid.


Manifestacion praza de colon


Por outra banda, a información da manifestación pola sanidade galega quedou relegada a un terceiro plano, xa que o Telexornal tamén puxo por diante unha peza informativa na que se fala dos Orzamentos Xerais do Estado. A información sobre a concentración pola sanidade, que tamén conta cun enviado ao evento, recolle imaxes da manifestación e declaracións dun dos participantes (aínda que non engaden rótulos que identifiquen á persoa que fai as declaracións).


A diferenza das pezas da manifestación madrileña, a peza informativa sobre a sanidade non inclúe declaracións dos políticos participantes na mesma (Luís Villares, Ana Pontón e Gonzalo Caballero entre outros) nin un fragmento coa lectura do manifesto. En total, a información ao redor da manifestación ocupa un tempo de 1 minuto e 24 segundos, antes de dar paso a unha noticia sobre as declaracións do xerente do SERGAS onde defende o servizo sanitario galego.

relacionada (Vídeos) A manifestación pola Sanidade Pública logra abarrotar a Praza da Quintana
relacionada Feijóo ve a manifestación de Madrid "contundente" pese ao fracaso da convocatoria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE