Inditex e Tinder fusionan ligar e a moda

A compañía téxtil e a aplicación líder para ligar alcanzaron un acordo de colaboración.


|

A compañía téxtil e a aplicación líder para ligar alcanzaron un acordo de colaboración.


Tinder


O amor non se compra nin se vende…ou si? Inditex e Tinder alcanzaron un acordo comercial para que Stradivarius, unha das marcas do xigante téxtil, luza o logo e slogans da app de citas, a primeira que a empresa con máis de 50 millóns de usuarios na rede “fai cunha marca de moda internacional”.


As camisetas xa están á venda na web da marca e, xunto co logo de Tinder, saen mensaxes como “You looked taller on Tinder” (‘Parecías máis alto en Tinder’).


Con todo, non é a única baza da firma, xa que o acordo inclúe a campañaUnforgettable Match’ para que os usuarios da aplicación suban vídeos a Instagram onde conten os seus encontros de Tinder “máis memorables”, con prazo ata o 9 de febreiro para participar nun viaxe de dúas persoas a Londres en doe asistirán á festa de Stradivarius en Oxford Street.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE