Abre prazo para premios para empresas da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña abrirá este mércores o prazo de presentación de candidaturas á terceira edición dos Premios PEL ás mellores iniciativas empresariais da provincia, segundo informa a institución.
Ampliadas as categorías dos galardóns de 2 a 5
A Deputación da Coruña abrirá este mércores o prazo de presentación de candidaturas á terceira edición dos Premios PEL ás mellores iniciativas empresariais da provincia, segundo informa a institución.
Valentín González, presidente da Deputación da Coruña
O seu obxectivo é "recoñecer as iniciativas e o traballo realizado polas empresas, asociacións empresariais e concellos, realzando o seu papel fundamental como xeradores de riqueza e emprego".
O premio pretende tamén achegar "un valor engadido" ás empresas, facilitándolles "respaldo para transformar ideas actuais en emprego de calidade e contribuíndo a dinamizar novos proxectos", explica a institución provincial.
Como novidade principal, nesta edición amplíase de dúas a cinco as categorías do galardón, dando cabida aos concellos de menos de 20.000 habitantes e ás asociacións empresariais da provincia da Coruña.
Escribe o teu comentario