O discurso do candidato a presidente Alfonso Rueda apunta a que Política Lingüística e Cultura terán consellería propia, cando agora a comparten con Educación. Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística desde 2012 e que foi o coordinador do programa do PPdeG ás eleccións galega, é un dos que soa para conselleiro, polo que podería ascender ao Consello da Xunta.
Galiciapress entrevista ao presidente da Deputación da Coruña en plena crise ante o temido peche da central de Endesa. Valentín González Formoso (PSOE) non oculta o seu enfado co Goberno do seu partido afirmando que “eu non son alcalde do partido socialista, son o alcalde das Pontes”. O mandatario reclama ao Ministerio e a Endesa que aclaren xa os plans para central e lembra que hai ano e medio comprometeron que seguiría aberta ata 2035.