Patronal eólica prevé un novo crecemento do sector xerando 8.000 empregos

Reivindican que a comunidade galega é un 12% máis eficiente na produción desta enerxía que a media

|

Despois do parón alimentado pola polémica suspensión do plan eólico do bipartito e os problemas do plan do PP, a patronal reclama estabilidade na normativa



A Asociación Eólica de Galicia (EGA) estima en 5.000 millóns de euros o investimento que "se fará" entre os anos 2020 e 2030 durante a construción dos novos parques eólicos previstos.


Parque eólico de Malpica

Ante este escenario, pide "un marco regulatorio estable, con consenso político e que perdure, en aras de lograr unha visibilidade a longo prazo que xere confianza nos investidores á hora de tomar decisións industriais".

A finais de 2018, apuntan os promotores eólicos nun comunicado de prensa, Galicia contaba con 3.423 megawatts de potencia instalada, sobre un 14,5% do total de España, repartida en 162 parques en explotación.

E para o final deste ano 2019, como consecuencia da posta en servizo dos parques previstos, prevén unha potencia total instalada duns 4.000 megawatts.

Segundo estes datos, sinalan que Galicia ocupa na actualidade o terceiro posto en potencia instalada, por detrás de Castela e León (5.591 MW) e Castela-A Mancha (3.847 MW). A comunidade chegou a ser líder neste sector.

"Por tanto, cando finalice o ano en curso, preténdese recuperar a máxima potencia instalada nun ano, un ritmo aproximado de instalación que se observou nos anos da primeira implantación eólica", resalta EGA.

As previsións para o decenio 2020-2030 apuntan a que se construirán uns 4.500 megawatts novos, o que duplicará a potencia instalada.

MÁIS DE 8.000 EMPREGOS
En canto ao emprego, agrupando o que corresponde a parques en construción e en explotación, calculan que xeraranse máis de 8.000 postos de traballo novos e que superarán os 12.000 en total vinculados "directamente" ao sector.

"A tecnoloxía eólica, igual que a biomasa, será a que máis poida crecer en Galicia, porque non se van a facer novas centrais hidroeléctricas. E aquí nou temos nin sol nin territorio para poder facer rendible a enerxía fotovoltaica, de tal forma que a eólica en Galicia ten aínda moito percorrido", reivindican.

Segundo EGA, a media da xeración eólica anual en Galicia sitúase na contorna dos 8.122 gigawatios hora durante o últimos cinco anos, e foi 2013 o ano de maior xeración ao producir 9.541 gigawatios hora.

MÁIS HORAS EN GALICIA QUE EN ESPAÑA
A media de funcionamento dos parques neste período foi de 2.420 horas anuais, mentres que en España baixa a 2.160 horas anuais, de acordo coas súas cifras, do que deducen que o parque de xeración eólica en Galicia é un 12% máis eficiente que a media do parque eólico nacional.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE