Veciños levan ata Feijóo a protesta contra o vertedoiro de Miramontes
A inauguración da variante de Aradas tivo un claro cheiro prelectoral. Non só porque a Xunta publicitase camiñadas para coñecer o quilómetro e medio que une o Polígono do Tambre coa estrada Santiago - Carballo; tamén por que o presidente insistiu que o proxecto o aprobou el hai unha década, sendo o conselleiro de Obras Públicas e Agustín Hernández, hoxe candidato do PP á alcaldía, o seu subordinado.

Con todo, o acto propagandístico non lle saíu do todo ben á Xunta, porque un grupo de veciños de Miramontes acudiron tamén a protestar contra o vertedoiro. Tanto Hernández como Feijóo non dubidaron en escoitar aos afectados.
Os ciudanos lembráronlle a Feijóo que, aínda que os camións xa non terán que circular polo centro de Santiago, continuan contaminado con cheiros e verteduras ao acceder ao polémico vertedoiro. A Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago de Compostela reclamoulle que se fagan estudos da contaminación tanto no aire como subterránea, pois alertan que varias fontes deixaron de ser potables.
Tamén critican a a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático dá Consellería de Medio Ambiente. Cruz Ferreira dixo hai uns días que "en Galicia non existen vertedoiros incontrolados". En opinión da Plataforma, o de Miramontes, a pesar da investigación xudicial, "penca de control" e segue superando os límites de materia orgánica autorizados para depositar alí.
Escribe o teu comentario