Promesa de investimento de 80 millóns en Cerceda tras o peche de Meirama en 2020


O peche da central térmica de Meirama converterá o espazo nun parque eólico e un centro avanzado de gas renovable, aínda en estudo; segundo promete Naturgy.


|

O peche da central térmica de Meirama converterá o espazo nun parque eólico e un centro avanzado de gas renovable, aínda en estudo; segundo promete Naturgy.


Meirama


Ante o inminente peche de Meirama, confirmado para 2020, Naturgy rexistrou a solicitude de peche da planta de carbón de Meirama no Ministerio para a Transición Ecolóxica, previa comunicación ao Goberno galego. 


Para Meirama, Naturgy anuncia un plan polo cal prevé investir uns 80 millóns de euros, nun parque eólico e nun centro avanzado de gas renovable. No comunicado, compromete ademais unha iniciativa "para atraer novos proxectos industriais" ao emprazamento de Meirama, "en colaboración coa Xunta de Galicia".

Precisamente o conselleiro de Economía de la Xunta, Francisco Conde, ao transcender a noticia do peche, reclamou este mércores a Naturgy alternativas para o emprego da central de Meirama, tras acusarlle de "incumprir de novo os seus compromisos con Galicia".

Segundo argumenta a empresa, son "as políticas enerxéticas impulsadas por Europa e España, xunto ao actual contexto de mercado e regulatorio", os que "non permiten a viabilidade económica das centrais de xeración con carbón".


Os EMPREGOS DE MEIRAMA

O peche da central afectará a uns 180 postos de traballo, 77 de persoal e un centenar de auxiliares. A firma asegura deseñar "un plan de adecuación" para os 77 traballadores de Meirama, que "contempla a recolocación dunha gran parte deles e saídas pactadas para o resto". En concreto, "case 40 dos 77 empregados", di, "seguirán vinculados á empresa, participando nos traballos de desmantelamento ou sendo situados noutras unidades da compañía". O resto de traballadores "desvincularanse da compañía a través de saídas pactadas".

Ademais, afirma, propoñerá ás empresas auxiliares da comarca "continuar traballando para os novos proxectos renovables de Naturgy que substituirán á térmica"."Naturgy fará o posible por favorecer a súa contratación para acometer os traballos de peche e desmantelamento da planta, así como para o desenvolvemento do plan alternativo", indica.


O PLAN ALTERNATIVO

En concreto, o plan "alternativo" que a empresa anuncia para "a zona" é un no que "xa se está traballando" e que "constará da construción dun parque eólico adicional en Meirama", cunha potencia que fixa nuns 65 megawatts.

A enerxética precisa tamén que está a realizar "un estudo de viabilidade para poñer en marcha" o mencionado centro de gas renovable, a partir de residuos gandeiros e orgánicos industriais (residuos pesqueiros, conserveiros, lácteos, etcétera).

Nunha primeira fase, segundo explica, este centro tería unha produción de biometano e inxección á rede de 4 millóns de metros cúbicos anuais, ademais de "a posibilidade futura de ampliación a unha planta de maior escala unha vez avaliada a súa viabilidade". "O desenvolvemento eólico, xunto co de gas renovable, poderían alcanzar un investimento de ao redor dos 80 millóns de euros, adicionais ao investimento que xa se previu no plan estratéxico da compañía para Galicia", sinala.

NOVO CONTEXTO

Por último, insiste en que o peche se enmarca "dentro dun novo contexto regulatorio medioambientalmente máis esixente, no cal é obrigatorio afrontar novos investimentos para que as plantas poidan continuar funcionando máis aló de 2020".

Ademais, conclúe, "os actuais prezos de mercado, o maior custo de prezo do dióxido de carbono e as taxas ambientais han agravado aínda máis a viabilidade económica destas plantas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE