Investigado psiquiatra por abusar de mulleres no SERGAS e a privada

Emilio González Fernández, xa xubilado, está a ser investigado despois da denuncia presentada por unha dos seus pacientes, que lle acusa de abuso sexual. O doutor xa foi condenado en 2003 por outro caso de abuso sexual.


|

E. G. F. está a ser investigado despois da denuncia presentada por unha dos seus pacientes, que lle acusa de abuso sexual. O doutor xa foi condenado en 2003 por outro caso de abuso sexual.



Psiquiatrico  conxo hospital

Psiquiátrico de Conxo


O caso está a ser investigado polo Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, dirixido pola xuíza López - Suevos. Durante a investigación apareceron máis mulleres afectadas, que como a denunciante relatan os abusos aos que as someteu Emilio González Fernández, que agora ten 75 anos e que xa non exerce a psiquiatría. As vítimas, algunha delas menor de idade no momento no que sufriron os abusos, prestaron declaración, aínda que algúns feitos poden prescribir a efectos penais ao ocorrer fai máis de cinco anos.


O investigado xa declarou e negou os feitos ante a xuíza instrutora. Tanto el como o seu avogado declinaron facer declaracións.  Segundo A Voz,  hai vítimas e testemuñas tanto da súa consulta privada como no SERGAS, onde traballou como psiquiatra no Hospital Clínico de Santiago e como xefe clínico do Psiquiátrico de Conxo.


CONDENADO EN 2003

Este non é o primeiro proceso xudicial ao que se enfronta González Fernández. No ano 2000 xa foi denunciado por unha paciente da súa consulta privada. En 2003 foi declarado culpable despois de que el mesmo recoñecese os feitos. A pesar da condena de 7.000 euros, seguiu exercendo a psiquiatría no SERGAS.


Nesa sentenza, relatouse o modus operandi do acusado, que é o mesmo  presunto abuso que denuncian agora as vítimas. En 2003, demostrouse que o psiquiatra se aproveitou da situación cunha paciente e “con ánimo libidinoso”, levouna a unha padiola “onde a abrazou e acariñou por diversas partes do corpo”. Alí seguiu acariñándoa ata que “meteu as súas mans por baixo da roupa e colocou a súa perna entre as pernas da paciente con inequívoco ánimo lascivo, á vez que lle dicía que tiña que namorarse de el”. Cando a muller quixo abandonar a consulta “o acusado suxeitou a súa cara coas súas mans e deulle un bico nos beizos”.


As denunciantes, que non gardan ningún tipo de relación entre elas, relatan o mesmo caso e responden a un mesmo perfil: mulleres especialmente vulnerables, algo do que puido aproveitarse o investigado, xa que moitas persoas nesa situación poderían decidir non denunciar os abusos.


A pesar do seu historial, a carreira de Emilio González Fernández parece a dun médico de prestixio: xefe clínico do Psiquiátrico de Conxo, fundador do Centro Psicosocial de Ferrol, psiquiatra do Hospital Clínico de Santiago e profesor asociado de Psiquiatría na Facultade de Medicina compostelá, pola que é doutor en Antropoloxía Social. Ademais, González tamén foi director do centro de diagnostico do ambulatorio Concepción Arenal de Santiago de Compostela e é membro do Museo do Pobo, na sección de Etnomedicina.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE