Cargas policiais para sufocar as protestas dos traballadores de Alcoa (VÍDEO)

A concentración dos traballadores de Alcoa das plantas da Coruña e Avilés en Madrid desembocou nunha serie de cargas policiais.


|

A concentración dos traballadores de Alcoa das plantas da Coruña e Avilés en Madrid desembocou nunha serie de cargas policiais.


Alcoa cargas


A manifestación que están a celebrar os traballadores de Alcoa das plantas da Coruña e Avilés en Madrid ante o Ministerio de Industria deixou imaxes dramáticas polos momentos de tensión que alí se viviron.


Centenares de traballadores galegos e asturianos marcharon pola capital española en protesta polo ERE anunciado pola factoría, pedindo ao goberno que interveña para que a empresa de aluminio non deixe sen emprego a miles de familias.




Durante a manifestación sucedéronse as cargas policiais contra os manifestantes, que trataban de protestar ás portas do Ministerio de Industria. Nas imaxes pódese apreciar a forza exercida polos grupos de contención da Policía Nacional, que tentou reprimir as protestas.


Do mesmo xeito, un grupo de traballadores accedeu á sede de Alcoa en Madrid, aínda que as imaxes que circulan polas rede sociais dese momento reflicten un clima totalmente oposto ao que se escenifica na concentración fronte ao ministerio.




Yolanda Díaz, deputada de En Marea, acompañou aos traballadores durante a xornada de protestas. “O Goberno debe ser valente, enfrontarse á multinacional e intervir en Alcoa a través da SEPI”, pediu a deputada.


Doutra banda, esta tarde está fixada unha nova reunión dos representantes sindicais no marco da mesa de negociación. Mentres, o Goberno ha anunicado que recibirá aos representantes sindicais de Alcoa


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE