Folga indefinida en todos a PAC de Galicia desde hoxe
Os PAC anuncian unha folga indefinida despois de dúas folgas parciais ante a falta de avances nas negociacións co SERGAS.
Os PAC anuncian unha folga indefinida despois de dúas folgas parciais ante a falta de avances nas negociacións co SERGAS.
Manifestación de 'PACs en pé de Guerra'
O Comité de Folga dos Puntos de Atención Continuada (PAC) galegos anunciaron este luns, día 7, o inicio dunha folga indefinida nestes centros para reclamar melloras desde o punto de vista asistencial e laboral.
Nun comunicado, o comité indica que "despois de múltiples intentos de diálogo co Sergas" e de "dúas folgas parciais" continúan "sen ningún achegamento por parte da Administración" para "negociar unha saída ao conflito".
As peticións do colectivo, explican, seguen sendo 11 puntos acordados entre centros, con reivindicacións sobre todo asistenciais e de equiparación de dereitos ao resto dos colectivos do Sergas, como a retirada dos obxectivos da derivación hospitalaria, equipos completos enfermería-médica, revisión de plans funcionais, valoración de riscos e equipos de protección acorde ao traballo ou un cómputo de xornada correcto, onde os permisos e as baixas computen neutro a efectos de xornada.
Segundo datos publicados pola Consellería de Sanidade, no ano 2017 se atenderon máis de 1.548.000 urxencias na 90 PAC de Galicia; 767.000 nos seis primeiros meses de 2018, cun "alto índice de resolución, de máis do 90% sen necesidade de derivación hospitalaria".
Con todo, critican, a pesar de aumentar a actividade asistencial, os PAC non están ben dotados e os equipos sanitarios son mínimos. "A incompetencia de la Xunta na sanidade galega é un problema que non se pode esconder máis", apunta o comité, que lembra que "son numerosos os colectivos de traballadores e usuarios" que continúan "denunciando publicamente o estado precario da sanidade, principalmente en primaria".
Escribe o teu comentario