A irrupción de Ciudadanos no panorama político español resultou, a priori, unha bocanada de aire fresco, cun mozo Albert Rivera disposto a comerse o mundo.
Non lle foi mal ao partido laranxa en todos estes poucos anos de existencia. O seu ascenso foi espectacular. Cun inicio, segundo algúns dos seus fundadores, de ideoloxía socialdemócrata, foise acomodando na centralidade, co fin de recoller votos da dereita e a esquerda. Un espazo que estaba orfo ata ese momento. Os tempos cambian, as persoas tamén e os intereses de todo tipo vanse acomodando, como está mandado.
Ciudadanos sufriu esa transformación na súa traxectoria. Agora entra de cheo nunha nova etapa de cambio ideolóxico? O pacto co PP de Andalucía para sacar da Junta de Andalucía ao PSOE que leva máis de 30 anos gobernando na comunidade.
O acordo alcanzado este mércores co PP para que o seu candidato, Juanma Moreno, sexa o primeiro presidente do partido popular en Andalucía e coa sombra de VOX por medio, é posible que lle pase factura nos próximos comicios que van ter lugar no primeiros seis meses do 2019. A imaxe do pacto coa ultradereita, aínda que fose elixida por 400.000 andaluces, non é moi alentador polos discursos que fixeron nestes anos. Valorou Rivera o custo que iso pode ter para o seu partido? Está disposto a asumilo? Os problemas pódenlles vir dos seus compañeiros Liberais Europeos, Alde, grupo ao que pertence Cidadáns. Os liberais non están moi de acordo coa decisión do acordo con Vox, por moito que tenten explicar os líderes laranxa que eles non pactaron.
Agora tórnaa cambiou en Andalucía. Ciudadanos pacta co PP e Vox para que os populares poidan "desaloxar" aos socialistas do seu feudo. Non lle importa que sexa Vox o terceiro partido que fará posible o cambio. Pero non vai ser gratis, a presidencia do Parlamento andaluz quedará en mans de Ciudadanos. Cando Moreno sexa nomeado presidente, din que a metade do mes de xaneiro, virá a repartición de carteiras, no que Marín ,o candidato de Ciudadanos, aspira a unha vicepresidencia. Queda por decidir o papel que van xogar os electos de Vox. Conformarase só con ter un representante na mesa do Parlamento? Seguro que non, iremos vendo no transcurso dos próximos meses.
A 90 días das eleccións municipais e europeas, a xestión na Junta de Andalucía estará a comezar, non se apreciará o cambio que din queren realizar. Pasaralles factura aos votantes de Ciudadanos? Iso parece. Mal negocio fixo Rivera. A súa estratexia de centralidade que vendeu acábaa de tirar ao Guadalquivir, un rio simbólico dunha Sevilla capital de Andalucía.
Escribe o teu comentario