O Brexit pode facer que España e Galicia non vexa nin un euro das indemnizacións do Prestige

Os máis de 1.500 millóns de euros que o Tribunal Supremo acaba de fixar como indemnización definitiva polo desastre do Prestige poden quedar nas pavías, sobre todo se se consuma un Brexit duro, sen acordo de saída.


|

Os máis de  1.500 millóns de euros que o Tribunal Supremo acaba de fixar como indemnización definitiva polo desastre do Prestige poden quedar en nada, sobre todo se se consuma un Brexit duro, sen acordo de saída.



John m lyras

John M Lyras, secretario de London P&I Club


Quen debe pagar é a aseguradora do barco, a británica London P&I Club. Quen debe cobrar a inmensa maioría é o Estado Español. Menores cantidades lle coresponden á Xunta, a algúns concellos -incluídos franceses-e cantidades moito menores para unhas 2000 empresas e industrias marítimas.


Agora ben, London P&I Club négase a soltar un duro e ten armas xurídicas para, polo menos, atrasar o pago. A compañía -unha corporación xigantesca que asegura máis do 90% do tráfico comercial marítimo- obtivo unha sentenza favorable dunha corte británica. 


English Court of Appeal fallou en contra de España e Francia, establecendo que, en virtude dos tratados internacionais, en ningún caso a aseguradora debería pagar máis do límite máximo da póliza, que é 1.000 millóns de euros.


Cando o Estado Español tente forzar o pago de polo menos esa póliza, desatarase unha complexa batalla legal. Na súa memoria de 2017, como sinala Voz Populi, London P&I Club xa advirte que "a sentenza española é irreconciliable coas obtidas pola Asociación en Inglatera e por tanto inexecutable baixo as normas da Regulación Bruxelas I". É dicir, que a aseguradora levará o caso á xustiza europea á espera que lle confirme o argumento de que España non pode executar a sentenza do Tribunal Supremo, ao entender que se comprometeu no seu día a acatar o fallo do tribunal inglés.


Unha verdadeira maraña legal onde o Brexit podería xogar un papel determinante. Está por ver que un eventual acordo de saída siga sometendo ás compañías británicas ao imperio do Tribunal de Luxemburgo. O que é evidente é que se hai un Brexit duro, é dicir sen acordo, non haberá maneira de someter en principio a London P&I Club ao que dite a xustiza europea. Nese caso, a España e Francia non quedaría outra que aterse ao que desexa a sociedade británica, que a cantidade de indemnización a pagar fíxea un tribunal de arbitraxe británica e que en ningún caso supere os 1.000 millóns da póliza.


CAMIÑO A CHIPRE

Todo pode complicarse aínda máis se a megaaseguradora cambia de sede. Un Brexit duro prexudicaría e moito a súa posición xurídica, en boa medida porque boa parte da súa  accionariado é europeo, grego concretamente. Os últimos rumores na City  apuntan a que a aseguradora podería mudarse a Chipre para permanecer dentro da Unión Europa. 


Así as cousas, por agora en España só hai uns 22 millóns que a Audiencia Provincia da Coruña forzou a depositar en primeira instancia á aseguradora. Verdadeiras migallas. 


ESPAÑA PEDERÁ EN TODO CASO

E nin sequera no mellor dos casos, se España logra cobrar o fixado polo Supremo, o Estado cubrirá custos. Os danos foron estimados nos xulgados en 4.100 millóns de euros, dos cales 3,8 corresponderíal ao Estado. E no peor dos casos, como advertiu a asociación ecoloxista Arco Iris, o país non verá nin un euro.



Chapapotevoluntariosprestige



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE