O PSdeG reclama á Xunta que tome medidas garantir o futuro do Centro Galego

A agonía do Centro Galego de Buenos Aires provoca que o PSdeG reclame á Xunta que tome medidas. Faio a través dunha pregunta parlamentaria por escrito.


|

A agonía do Centro Galego de Buenos Aires provoca que o PSdeG reclame á Xunta que tome medidas. Faino a través dunha pregunta parlamentaria por escrito.



O deputado do PSdeG Juan Díaz Villoslada na rolda de prensa

O deputado Villoslada, un dos asinantes da pregunta


"Que medidas adoptou o Goberno Galego para contribuír a garantir o futuro do Centro Galego de Buenos Aires, preservando o seu importante patrimonio artístico, documental e bibliográfico e os servizos sanitarios?", preguntan catro dos deputados socialistas na Cámara Galega.


A directiva electa do Centro leva meses denunciando a inacción do Executivo. De feito, o secretario xeral de Emigración está de xira por Arxentina e Uruguai e non hai noticias de que se vaia a reunir cos representantes dos socios. 


Tamén o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, estivo por aquelas terras hai unha semana e evitou reunirse coa directiva que encabeza Ramón Suárez O Muxo. Iso si, Baltar aproveitou para facerse a foto cos traballadores que reivindican unha solución inmediata á intervención gobernamental ante os despedimentos e falta de pagamentos.


Na súa pregunta, os socialistas apostan non só por salvar o patrimonio cultural (o Centro alberga a que é probablemente a mellor pinacoteca privada de artistas galegos do século XX) senón por seguir garantindo a atención sanitaria.  Atención sanitaria que está en cuestión ante os rumores dun "pelotazo" urbanístico na céntrica sede de Belgrano. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE