Alerta laranxa na Coruña e Pontevedra
A costa das provincias da Coruña e Pontevedra está en alerta por un temporal que este sábado tocará o litoral galego. Espérase que deixe ondas de ata seis metros.
A costa das provincias da Coruña e Pontevedra está en alerta por un temporal que este sábado tocará o litoral galego. Espérase que deixe ondas de ata seis metros.
A Xunta activou a alerta laranxa para este sábado en todo o litoral das provincias da Coruña e Pontevedra pola chegada dun temporal que podería deixar ondas de entre cinco e seis metros na costa galega.
A medida foi decretada este venres polo Goberno galego, que recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras en toda a costa polas previsións do mal estado da mar.
Así mesmo, tamén chama a extremar as precaucións en toda actividade que se realice na costa e que revisen os amarres das embarcacións nos portos, onde se debe evitar camiñar por diques de abrigo e outras zonas expostas.
Escribe o teu comentario