Un grafitero arrepentido termina deixando a parede "mellor do que estaba"

Un mozo grfitero barcelonés líbrase da denuncia e consecuente multa policial cando, tras ser sorprendido realizando grafitis, repintó a parede de branco tras ser reprendido polos axentes. A parede, que ía ser o linzo da súa obra, terminou "mellor do que estaba".



|

Un mozo grfitero barcelonés líbrase da denuncia e consecuente multa policial cando, tras ser sorprendido realizando grafitis, repintó a parede de branco tras ser reprendido polos axentes. A parede, que ía ser o linzo da súa obra, terminou "mellor do que estaba".



Grafiti cale

Unha rúa chea de grafitis


Unha das escenas máis famosas da historia do cinema e da comedia é aquela de a película ‘A vida de Brian’ na que o protagonista pinta un grafiti no palacio de Poncio Pilatos que reza “Romanos marchádevos a casa”. Ou pretende rezar iso, xa que o escribe mal e tras ser reprendido polo exército romano, termina grafiteando todo o palacio como castigo, pero esta vez coa frase ben escrita. Pois en Vigo, coma se os ‘Monty Python’ escribisen a escena, ocorreu algo parecido, cando un mozo grafitero terminou deixando o muro no que ía plasmar a súa obra mellor que cando chegou, despois de repintarlo de branco.


Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do luns, cando unha dotación do 092 desprazouse ata a rúa Médico José Mato, ao ter coñecemento de que un mozo estaba a facer pintadas nunha parede.

Unha vez no lugar, o mozo explicou aos policías que estaba escribindo frases románticas dedicadas a unha moza que vive nesa zona. Os axentes déronlle de tempo ata as 6,00 horas da mañá para que borrase as pintadas e devolvese o muro ao seu estado orixinal, coa advertencia de que, se non o facía, sería denunciado.

Sobre as 4,40 horas, unha dotación policial volveu pasar por ese punto e comprobou que o mozo non só borrara os grafitis e pintara a parede de branco, senón que a deixaba "aínda mellor do que estaba", polo que non se interpuxo denuncia contra el.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE