Alberto Jiménez Monteagudo, novo adestrador do Lugo

O adiestrador albaceteño, sen experiencia en Segunda División, chega a Lugo para substituír ao cesado Javi López.


|

O adiestrador albaceteño, sen experiencia en Segunda División, chega a Lugo para substituír ao cesado Javi López.


Lugo Cu00e1diz

O Lugo caeu derrotado ante o Cádiz / Foto: A liga


A rei morto, rei posto. O CD Lugo anunciou a contratación de Alberto Monteagudo como novo técnico do cadro branquivermello despois do despedimento de Javi López na madrugada do sábado. Así, o albaceteño estrearase á fronte do banco lucense o vindeiro martes en Copa do Rey, ante o Levante, no partido correspondente á ida dos dezaseisavos de final que se xogará no Anxo Carro.


Monteagudo, cun longo percorrido na Segunda División B pero sen experiencia na categoría de prata, chega a Lugo co difícil reto de endereitar o rumbo dun equipo que xa comezou a tempada lastrado polos problemas á hora de confeccionar o persoal. Tras un inicio de liga irregular, o técnico manchego terá que volver ilusionar á afección branquivermella e despegarse dos postos de perigo, onde vive agora a escuadra lucense. Ademais, o albaceteño chega Galicia despois dunha errada experiencia no fútbol grego, onde durou menos dun mes á fronte do Apollon Smyrnis onde non logrou gañar ningún dos catro partidos que dirixiu, polo que está ante unha das oportunidades da súa vida a nivel profesional.


O cadro lucense é 15ª na táboa con 12 puntos, só un punto por encima dos postos de descenso. Esta situación de coqueteo coa zona baixa da táboa e a derrota por 1-2 ante o Cádiz, agora mesmo un rival directo pola permanencia, obrigou á entidade branquivermella a cesar a Javi López sen esperar a que se xogase o partido de Copa ante o Levante. O barcelonés é, ata o momento, o cuarto adestrador de Segunda División que non termina a tempada e deixa o Lugo cun record de tres vitorias, tres empates e cinco derrotas, ademais da clasificación para os dezaseisavos do torneo do K.O.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE