Médicos especialistas do SERGAS teñen que atender un paciente cada 6 minutos
Pode un traumatólogo antender a 50 pacientes en só día e facer ben o seu traballo? Cal é a calidade da atención que presta un neurólogo que só ten 30 minutos para cada novo caso? Un dos principais sindicatos de médicos de Galicia arremete contra a falta de medios no SERGAS. "É unha situación insustentable á que hai que dar unha solución definitiva", reclama CESM Galicia.

DOUS PACIENTES COA MESMA HORA
Nun comunicado, o sindicato médico denuncia que no sistema público situacións como "citar de dous pacientes á mesma hora e unha sobrecarga de traballo do 30% son habituais". Como exemplos pon os servizos de traumatoloxía, onde "se deron días de ata 50 e o habitual é que non baixen de 37", Oftalmoloxía, "onde se atende unha media de máis de 43 pacientes" ou "Neuroloxía, de o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, onde un profesional ten que atender a diario a 8 pacientes novos, cunha dedicación media de 30 minutos cada un, e 7 revisións especiais, cando o recomendado é que os novos pacientes non sexan máis de 5".
A crítica chega nun momento delicado para o Goberno, cando está a arrincar unha comisión de investigación no Parlamento que indaga, precisamente, na falta de medios e recortes no SERGAS.
CONSECUENCIAS PARA OS PROFESIONAIS
En opinión do CESM, os problemas son produto da "mala xestión dos xerentes dos centros" e a consecuencia é que "esta situación pon en grave risco a calidade asistencial, xa que os tempos de atención ao paciente téñense que reducir considerablemente para poder atender as ‘inhumanas’ axendas dos profesionais". Profesionais que, logicamente, ven como aumentan os casos de tensións no traballo e aumenta o risco de ser agredidos por pacientes descontentos.
Escribe o teu comentario