Un brigadista dun concello detido por provocar incendios
Están preparadas as brigadas municipais realmente para loitar contra o lume ou son un foco de enchufismo e unha engrenaxe máis na economía do lume? O debate sobre a utilidade real destes grupos reavívase tras a detención dun mozo que, segundo a Garda Civil, prendía lume á vez que traballaba na brigada municipal.

A Garda Civil de Celanova (Ourense) detivo a un exbrigadista dos Blancos como presunto autor de sete incendios forestais intencionados ocorridos entre o 27 de agosto e o 8 de outubro nun tramo de estrada que une Baltar e Vos Cuquexos.
O detido (foi arrestado este martes ás 8,30 horas), segundo informa a Benemérita, ten 22 anos e é veciño dos Blancos. Os lumes afectaron a 9,2 hectáreas arborizadas e a 4,01 de monte raso, o que motivou a intervención de distintos medios de extinción.
"No momento dos incendios, o detido exercía a súa actividade laboral como integrante da brigada municipal de extinción", apunta a Garda Civil. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de Xinzo de Limia.
Escribe o teu comentario