Varios centros sofren a falta de persoal dos PAC'

No comunicado difundido pola CIG relátase a lista de centros que sufriron a falta de persoal pola folga dos PAC's. O SERGAS non repuxo as baixas con reforzos de persoal.


|

No comunicado difundido pola CIG relátase a lista de centros que sufriron a falta de persoal pola folga dos PAC's. O SERGAS non repuxo as baixas con reforzos de persoal.


PACs

Membros da plataforma 'PAC's en pé de Guerra'


O ‘Comité de folga dos Puntos de Atención Continuada’ denuncia que varios centros quedaron sen a cobertura dos PAC’s despois de que estes iniciasen a folga. A cobertura de persoal, segundo comunica a CIG, realizouse “por debaixo dos mínimos marcados polo propio SERGAS”.


Así, no comunicado emitido polo sindicato, sinala que os PAC de Moaña, A Guarda, de A Parda e de Cambados sufriron esa deficiencia de persoal provocada pola folga das PAC’s e pola falta de asistencia para cubrir as baixas do SERGAS. Tamén a Casa do Mar da Coruña viuse afectada pola falta de persoal.


“Nestes datos evidénciase o que leva denunciando desde hai meses polo colectivo de ‘PAC’s en pé de Guerra’ de que os mínimos que o SERGAS considera indispensables para dar abertura urxente se incumpren constantemente e nin sequera son capaces de aseguralos durante unha folga anunciada”, lamentan no comunicado facilitado pola CIG. Á súa vez, destaca que a “falta de previsión do SERGAS” fai que a falta de cobertura sexa “cada vez máis habitual”. “As políticas de redución de persoal da administración favorecidas pola taxa de reposición do 10% están a ter unhas consecuencias nefastas na sanidade”, sinalan no propio comunicado.


Ademais da redución de persoal na atención primaria, no comunicado tamén destacan que as asistencias aos PAC tamén aumentaron “derivadas das listas de espera de atención primaria e ao envellecemento da poboación”. “O SERGAS non pon solucións reais a esta falta de coberturas”, critican desde o sindicato, que advirten que o servizo público só “busca novas formas de precarizar o noso traballo quedando a disposición do SERGAS”. “É necesario que a administración escoite nosas demandas e empezo a crear plans de continxencia que aseguren a cobertura unhas condicións dignas para o persoal”, sentencia a nota. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE