‘Arco Iris’ denuncia os “preitos inútiles” do goberno contra o Prestige en Estados Unidos

O comunicado da plataforma coincide no tempo coa aquisición de 'Supermercados DIA' por parte de Mijaíl Maratovich Fridman, cofundador e aínda presidente de ‘Alpha Group’, fretadora do cru que transportaba o Prestige.


|

O comunicado da plataforma coincide no tempo coa aquisición de 'Supermercados DIA' por parte de Mijaíl Maratovich Fridman, cofundador e aínda presidente de ‘Alpha Group’, fretadora do cru que transportaba o Prestige.


Prestigehundimiento

Afundimento do Prestige


A plataforma ‘Arco Iris’ denuncia a aparición de “novas facturas do Prestige abonadas polo Estado por valor de máis dun millón de dólares por novos preitos”. O comunicado emitido por ‘Arco Iris’ destaca que estes preitos ante o Tribunal de Distrito Sur de Nova York e que ata agora eran descoñecidos, son “curiosamente por dous novos procedementos sobre documentación e elementos de proba incoadas pola representación legal do señor Mangouras”


‘Arco Iris’ denuncia a “falta total de transparencia e información por parte do Goberno sobre os pelitos seguidos por España ante estes Tribunais americanos e os gastos que xeraron” e advirte dos “escuros intereses que se persegue” con eses preitos “que non coincide baixo ningún concepto co interese xeral do Estado”. Ademais, lamenta o “vergoñoso abandono” do Estado por impedir que que a compañía estadounidense American Bureau of Shipping (ABS), -clasificadora do Prestige-fose imputada nos Xulgados de Corcubión, “o que significou a declaración do Tribunal norteamericano que o Prestige era un buque en excelentes condicións para navegar e non unha chatarra flotante”, reza o comunicado.


Do mesmo xeito, a asociación manifesta que é o Estado o que ten as competencias para executar as indemnizacións por valor de 1.573 millóns de euros “e non os tribunais estranxeiros, sen competencias no sinistro do Prestige” como o considerou o Tribunal Supremo en 2016. Tamén sinala que a plataforma solicitará “a través dos portais de transparencia e por todos os medios legais pertinentes a aclaración dos referidos gastos nos preitos seguidos polo Estado nos Tribunais estadounidenses”.


Este anuncio de ‘Arco Iris’ coincide no tempo coa compra do magnate ruso Mijaíl Maratovich Fridman, cofundador e aínda presidente de ‘Alpha Group’, fretadora do cru que transportaba o Prestige, ao facerse co temón de ‘Supermercados DIA’ e forzar a dimisión da presidenta e colocou á fronte a un dos seus colaboradores. O anuncio provocou que as accións de ‘DIA’ esborrallásense un 42,2% en bolsa, alcanzando mínimos históricos para a compañía. 

relacionada O fretador da carga do Prestige faise co temón de Supermercados DIA
relacionada Veciñanza de Touro e O Pino pide a Medio Ambiente que analice os residuos que se verten na mina

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE