Veciñanza de Touro e O Pino pide a Medio Ambiente que analice os residuos que se verten na mina

|

Vertedoiro

Vertedoiro na Mina de Touro


A veciñanza dos municipios de Touro e O Pino indica, a través da Asociación Aldea Viva, que está farta dos residuos. "Desde residuos de ENCE, a contedores de chapapote do Prestige, residuos urbanos e vertedoiro municipal, ou ata o intento de enterrar reses mortas durante a crise das vacas tolas. Os terreos da antiga mina de Touro parecen dar cabida a todo aquilo que noutro sitio non interesa", denuncian. 


Ante a constante filtración ao chan destes materiais en época de choiva e os cheiros permanentes que levan, as asociacións remitiron un escrito á Consellería de Medio Ambiente, para que pida á empresa Tratamentos Ecolóxicos do Noroeste S.L (TEN) "e aos demais operadores a documentación que acredite, a través dos seus libros e rexistros, os residuos que depositaron na zona". 


As habitantes declaran que "segundo os propios datos das empresas, estas reciben miles de toneladas de residuos", e ante as denuncias que se están recibindo, esixen á Administración Ambiental que inspeccione a zona de vertedura e que, se fose o caso, aplique "o réxime sancionador da Lei 26/2007 de Responsabilidade Ambiental e cos principios de 'quen contamina, paga'".



Prestige

Contedores do Prestige na Mina

relacionada Parlamentarios de En Marea, BNG e CxG visitan a mina de Touro para "comprobar cos seus propios ollos a situación"
relacionada A mina de Touro contrata a un cargo do PP
relacionada Seis concellos gobernados polo PP rexeitan a minería en Touro e O Pino

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress