Seis concellos gobernados polo PP rexeitan a minería en Touro e O Pino

Un total de vinte e un concellos aprobaron a moción de rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira de Cobre San Rafael. Esta fin de semana sométese a votación en Ribeira (PPdG).


|

160613 Padron1

Reunión da Conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Padrón


Vinte e un concellos, entre eles seis gobernados polo Partido Popular, aprobaron a moción de rexeitamento ao proxecto de reapertura da explotación mineira Cobre San Rafael. 


A iniciativa, impulsada polas asociacións veciñais en contra da mina, foi asinada por Arzúa (AA), Santiso (BNG), Lalín (CxG), Oroso (PSdG-PSOE), Teo (SON-ANOVA), Santiago (CA), Ames (PSdG-PSOE, Ames Novo, Contigo Pódese, BNG), Catoira (PSdG-PSOE), Vilagarcía de Arousa (PSdG-PSOE), Rianxo (BNG), A Illa de Arousa (PSdG-PSOE), Cambados (PSdG-PSOE), O Grove (PSdG-PSOE), Ribadumia (IR); ademais de Vila de Cruces (PPdG), Vedra (PPdG), Padrón (PPdG), Pontecesures (PPdG) e Vilanova de Arousa (PPdG); e esta fin de semana sométese a votación en Ribeira (PPdG).  


A moción aprobada propón que o Pleno Municipal de cada localidade inste as Consellerías do Mar e de Economía, Emprego e Industria a desestimar a "autorización administrativa á actualización do proxecto de explotación" e a emitir unha "declaracion ambiental desfavorable en virtude dos efectos negativos para o medio ambiente". Así mesmo, busca que a Xunta de Galicia promova "unha completa restauración da antiga explotación mineira de Touro", para asegurar que non comprometa a calidade ambiental do río Ulla e da ría de Arousa. 


As Plataformas contra a minería destacan a importancia do sector do mar de Arousa na economía local. "A frota pesqueira de Arousa está composta por 1.709 buques de pesca e 842 auxilares", que representan "respectivamente o 38,6% e o 69,9% do total de Galicia". Cifran a actividade pesqueira do mexillón do ano 2016 en case 80 millóns de euros. A riqueza pesqueira e mariñeira "descansa sobre a riqueza ambiental existente na ría de Arousa e os ríos que nela desembocan, onde o río Ulla ten un papel fundamental, xa que alimenta de sedimentos e nutrintes á ría". 


O PROXECTO

Pasaron case 7 meses desde que saíu a exposición pública o proxecto de explotación mineira de cobre nun xacemento explotado entre 1970 e 1986. A actividade que comezou hai case 50 anos provocou "unha forte contaminación de solos e augas". "Augas de drenaxe hiperácidas con concentracións altas de metais contaminarion varios afluentes do río Ulla", reza a moción, que advirte dunha relación directa entre a contaminación actual do río e a mina


O proxecto vixente estima a vertedura de ata mil millóns de litros anuais de augas durante os tres primeiros anos. Os lodos do proceso serán almacenados en dúas balsas: 4 millóns de toneladas nunha balsa auxiliar e 69 millóns de toneladas nunha balsa permanente entre a Lagoa de Arinteiro e Viveiro. Asociacións en contra da mina consideran que "ante os previsibles efectos prexudiciais" destes materiais nas augas dos afluentes do Ulla, "a empresa non garante abondo que os metais tóxicos e os reactivos das augas do proceso" non vaian afectar "ás augas e sedimientos do río Ulla". 


Minatouroadega


relacionada Festival contra a mina de Touro
relacionada ​“Coñecemos de primeira man a impunidade das mineiras”, denuncian veciños da mina de Touro
relacionada A mina de Touro contrata a un cargo do PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE