O fretador da carga do Prestige faise co temón de Supermercados DIA

Mikhail Fridman deu hoxe un golpe de man na cúpula de Distribuidora Internacional de Alimentación (DIA). O oligarca ruso forzou a dimisión da presidenta e colocou á fronte a un dos seus colaboradores. Aínda que moitos galegos e españois descoñezan quen é, Fridman ha influído, e moito, na vida política e económica do noso país.


|

Mikhail Fridman deu hoxe un golpe de man na cúpula de Distribuidora Internacional de Alimentación (DIA). O oligarca ruso  forzou a dimisión da presidenta  e colocou á fronte a un dos seus colaboradores. Aínda que moitos galegos e españois descoñezan quen é, Fridman influíu, e moito, na vida política e económica do noso país.



Prestigevoluntarioschapapote


O empresario Mijaíl Maratovich Fridman cofundou e aínda preside Alpha Group, a fretadora do petróleo que levaba o infausto Prestige , un dos maiores bancos privados de Rusia.


ALPHA GROUP NON PAGOU NIN UN EURO POLO ACCIDENTE DO PRESTIGE

O Estado tentou no seu día que pagase parte da factura do desastre ambiental. Ao fin e ao cabo as 77.000 toneladas de fuel que embarcou o petroleiro en San Petesburgo eran do seu grupo.  Con todo, a maraña empresarial detrás da que se ocultuaba Alpha Group permitiulle non pagar un euro. 


Nominalmente, a titular da carga era unha firma suíza chamada Crown Resources A.G., despois rebautizada ERC Trading. Aínda que a fiscalía imputou a ERC Trading, a Xustiza non considerou responsable á fretadora do buque monocasco. 


Fridman saíu indemne, o Prestige é pasto das hemerotecas e hoxe fíxose co control dunha das principais cadeas de supermercados españois. 


GOLPE DE MAN EN DIA

Segundo resume Europapress, o consello de administración de Dia aceptou a dimisión de Ana María Llopis, cargo que ocupaba desde 2011. O consello de administración nomeou a Stephan Ducharme como vicepresidente primeiro e será o encargado de substituír "provisionalmente" nas súas funcións a Llopis.


Ducharme entrou no consello de administración de Dia a petición de LetterOne. Fridman fundou LetterOne en 2013. Con sede en Luxemburgo, LetterOne é a máxima accionista de DIA.


Ducharme  preside tamén o consello de supervisión de X5 Retail Group, un dos distribuidores de alimentación líderes en Rusia, onde tamén desempeñou o cargo de conselleiro delegado e outros cargos directivos en empresas de Fridman.



1024px Mikhail Maratovich Fridman at L1 in 2015

Mikhail Fridman nas oficinas de LetterOne | CC BY 2.0 wikimedia


DIA PERDE CASE A METADE DO seu VALOR EN BOLSA NUNHA XORNADA

Por outra banda, as accións de Dia esborralláronse un 42,2% ata alcanzar mínimos históricos despois de anunciar que rebaixou as súas estimacións de resultados para o presente exercicio, á vez que resolveu deixar en suspenso a política de repartición de dividendo para 2019.


A cadea de supermercados estimou que o resultado bruto de explotación (Ebitda) axustado previsto para este ano situarase nun rango entre 350 e 400 millóns de euros, comparado cos 568 millóns de euros en 2017, lastrado por unha caída do volume de vendas, que tamén impactou na marxe bruta, e por un incremento dos gastos operativos.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE