A Xunta adxudica o Edificio Fontán da Cidade da Cultura por 14,7 millóns

A Xunta de Galicia adxudicou a construción do Edificio Fontán da Cidade da Cultura á UTE formada por Acciona e San José por un total de 14.784.924 euros, unha cantidade 2,2 millóns inferior ao importe de licitación -17 millóns-.


|

A Xunta de Galicia adxudicou a construción do Edificio Fontán da Cidade da Cultura á UTE formada por Acciona e San José por un total de 14.784.924 euros, unha cantidade 2,2 millóns inferior ao importe de licitación -17 millóns-.


Imaxe do proxecto do futuro Edificio Fontán da Cidade da CulturaProxección do futuro edificio


A Consellería de Cultura e Turismo informou nun comunicado o acordo, no que explica que as empresas adxudicatarias garanten que estarán a terminar nun prazo "seis meses inferior ao previsto", 24 fronte a 30. Esta rebaixa de tempo permitirá que estea finalizado no último trimestre de 2020 e operativo en 2021, o ano do Xacobeo.

O departamento que dirixe Román Rodríguez sinalou que a adxudicación do Edificio Fontán, que acollerá servizos transversais para as tres universidades galegas e un centro de estudo do patrimonio e do Camiño de Santiago, levou a cabo a través dun concurso público. A este presentáronse seis ofertas das que foi seleccionada a da UTE mencionada tras obter a maior puntuación nos criterios fixados na licitación.

A Xunta asegurou que, fronte aos 14,7 millóns de euros que custará este edificio, a súa construción noutra localización ascendería a 30 millóns. Segundo indicou, as razóns obedecen a que, ademais de evitar a adquisición dun solar con capacidade para unha infraestrutura destas características, o edificio aproveitará a estrutura xa construída para o Teatro da Ópera, un dos edificios incluídos no proxecto inicial do Gaiás e non levados a cabo.

En concreto, este proxecto acollerá tres centros destinados á integración do Sistema Universitario de Galicia (SUG). En concreto, albergará a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario, o novo Consorcio Universitario de Galicia e un futuro Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE