O Alavés afunde ao Celta e deixa moi tocado a Mohamed

O conxunto babazorro levou os tres puntos de Vigo grazas a un solitario gol de Pina.


|

O conxunto babazorro levou os tres puntos de Vigo grazas a un solitario gol de Pina. Mala imaxe do cadro olívico e Mohamed moi cuestionado pola súa lectura do xogo.


Iago aspas celta alaves balaidos 2018 2019 liga

Iago Aspas durante o partido contra o Arabés


Outra xornada en Vigo sen saborear un triunfo. E van seis. O Celta de Vigo volveu bicar a lona e irse sen carga nun partido marcado polas malas decisións do ‘Turco’ Mohamed á hora de diagnosticar ao seu equipo e darlle unha solución. Os cambios, lonxe de arranxar algo, enterraron toda posibilidade de remontar o tanto de Tomás Pina, un gol que serviu ao Alavés para levar o partido por 0-1. A soberbia actuación de Pacheco contribuíu ao triunfo vitoriano, que se pon líder da Primeira División.


Os locais saltaron ao verde con outro once inédito. Entre a baixa obrigatoria de Araujo, que cumpría sanción, e a baixa obrigada de Maxi Gómez, que estará dúas semanas entre algodóns, o técnico dos celestes situou a Cabral e Roncaglia no eixo da zaga e a Dennis Eckert no hábitat do nove. Tambien xogaron Boufal e Brais Méndez, en detrimento de Sisto e Okay Yokuslu.


A primeira parte deixou claro que o Celta non ía estar cómodo no partido. O Alavés, un equipo que destaca pola súa orde táctica e por facer alquimia coas ocasións de gol, expuxo en Balaidos un sistema baseado na presión alta, dificultando a saída de balón desde atrás, e embotellando o ataque celtiña cunha defensa que renunciaba a atacar aos extremos, centrando os seus esforzos en cubrir as rúas interiores. Froito desa presión o Celta cometeu unha serie de erros tentando sacar o balón xogado que espertaron os primeiros murmurios de desaprobación na bancada.


No primeiro tempo apenas se viron ocasións, salvo por un disparo fóra de Manu García e un derechazo de Boufal que se foi bicando o pau. O segundo tempo estivo moito máis movido, cun gran Pacheco que se converteu no heroe da noite. A súa primeira intervención salvadora foi ao atallar unha falta tirada por Iago Aspas. Acto seguido chegaría o gol do Alavés, cun balón longo que salva Laguardia antes de que salga pola liña de fondo, converténdoo sen querer nun centro perfecto para o remate de socato de Tomás Pina.


Para tentar revolucionar o equipo, o adiestrador arxentino deu entrada a Emre Mor e Sisto no sitio de Fran Beltrán e Boufal, perdendo todo o equilibrio no centro do campo coa saída do madrileño e explosividad e desenvoltura coa do marroquí. Especialmente discutida pola bancada foi a saída do pivote. Os cambios non tiveron o efecto desexado, aínda que se viu unha boa versión de Emre Mor, moito máis enchufado e con ganas de demostrar o seu fútbol. Brais, bastante desaparecido na elaboración pero protagonista en ataque, deuse de bruzos cun xenial Pacheco, que o detivo todo ata desquiciar á parroquia viguesa. Ibai puido facer o gol da xornada cun disparo seco co exterior, pero entre Sergio e o pau desbarataron esa honra.


O marcador non se moveu a pesar da insistencia celtiña e o Alavés marchouse de Galicia liderando a táboa, mentres o Celta flota en terra de ninguén e segue sen gañar seis xornadas despois. O peor é que cada vez son máis as voces críticas con Mohamed, o que pode levar a poñer en cuestión o posto do técnico. Agora a cuestión non é cando van acender as famosas luces de nadal en Vigo. A cuestión é se Mohamed vai estar para velas.


FICHA TÉCNICA

RC CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Roncaglia, Cabral, Júnior Alonso (Hjulsager, min.87), Beltrán (Emre Mor, min.63), Lobotka, Brais Méndez, Iago Aspas, Dennis Eckert, Boufal (Sisto, min.74).


ALAVÉS: Pacheco, Martín, Laguardia, Navarro, Duarte, Manu García, Brasanac (Wakaso, min.75), Pina, Ibai Gómez, Jony (Borja Bastón, min.92), Calleri (Sobrino, min.74).


Goles: Tomás Pina (0-1, min.58).

Árbitro: Do Cerro Grande, do comité madrileño. Amoestou a Cabral, Hjulsager (Celta); Laguardia, Calleri, Tomás Pina (Arabés).


Campo: ABANCA Balaídos (15.627 espectadores).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE