O celeste combina con ‘La Roja’

Nos últimos anos a canteira do Celta de Vigo nutriu aos combinados nacionais, tanto á absoluta como ás categorías inferiores.


|

Nos últimos anos a canteira do Celta de Vigo nutriu aos combinados nacionais, tanto á absoluta como ás categorías inferiores.


Iago aspas seleccion espau00f1a portugal mundial rusia 2018

Iago Aspas xogando con España / Foto: RC Celta


A escola de fútbol do Celta de Vigo está de parabén. O modelo polo que estivo apostando o conxunto olívico nos últimos anos está a dar os seus froitos. Non só o comprar barato e vender caro, senón que o traballo que se estivo realizando nas divisións inferiores do cadro celeste por fin estase vendo recoñecido a nivel internacional. Cada vez son máis os xogadores con pasado ou presente na academia celtiña que debutan coa selección absoluta ou coas sub. A casaca nacional xa non está reservada en Vigo para as fichaxes de renome, como Mostovoi, Karpin, Mazinho ou Revivo, senón que os cachorros celestes enrólanse pronto nas divisións inferiores do combinado nacional.


Ante Inglaterra, España saíu ao verde do Benito Villamarín con Jonny, IagoAspas e Rodrigo no once titular, todos eles xogadores con percorrido nas filas celestes. Jonny e Aspas coincidiron no Celta ata este verán, ano no que o lateral deu o salto ao fútbol inglés, un paso que tamén deu Iago no pasado e que o tivo dous anos lonxe da súa querida Vigo. No caso de Rodrigo, o hispano-brasileiro nunca se enfundó a zamarra do primeiro equipo, pero se despuntou sendo un xuvenil. Tres xogadores que despois de mamar o fútbol celtiña desde pequenos ven recompensado o seu esforzo no panorama internacional e sendo importantes nas súas seleccións.


Con todo, o traballo dos formadores o Celta non empeza e acaba na absoluta de España. A sub 21 conta entre as súas filas con Pape Cheikh, un poderosísimo centrocampista español-senegalés que tivo un ascenso meteórico no cadro vigués ata debutar no primeiro equipo con 18 anos. A súa irrupción foi tal que o Olimpique de Lyon levoullo lonxe de Vigo a cambio de 10 millóns. Agora goberna o centro do campo da escuadra francesa e de ‘A Rojita’, onde busca facerse un sitio no esquema de Luís de la Fuente.


Tamén o canteirán Miguel Rodríguez pode presumir de internacionalidades. Despois de debutar coa sub-16 en setembro, David Gordo chamou a este prometedor dianteiro para formar parte da expedición da sub-17, que busca clasificarse para o Campionato de Europa ante Macedonia, Israel e Illas Feroe, en casa dos primeiros. E, aínda que esta vez non entraron nas listas, non é raro ver os nomes de Diego Pampín, Mario Canteiro ou Alex Vila nas listas das categorías inferiores, demostrando que Vigo é un caladoiro para os observadores e seleccionadores da RFEF. Quen sabe se nuns anos estarán a dar alegrías cos maiores, vestindo a camiseta do Celta. Ou se cadra as alegrías son para España enteira. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE