Extinguido o incendio nunha nave industrial en San Cibrao das Viñas

O incendio deixou calcinada unha nave no polígono industrial. Á primeira hora do luns deuse por extinguido o lume do que polo momento se descoñecen as causas. 


|

O incendio deixou calcinada unha nave no polígono industrial. Á primeira hora do luns deuse por extinguido o lume do que polo momento se descoñecen as causas.


Incendio San cibrao

Imaxe do incendio de @EmerxenciasOu


Os servizos de emerxencias deron por extinguido á primeira hora deste luns o incendio que desde a tarde do domingo afectaba a unha nave industrial no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense) e que a calcinou por completo.

Segundo informou o Centro Integral de Atención a Emerxencias 112-Galicia, un retén dos Bombeiros permaneceu toda a noite na zona para evitar que se reavivasen as chamas ou que o lume afectase a outras naves. Finalmente, deuse por extinguido á primeira hora deste luns, sen lamentar danos persoais, aínda que a nave industrial ha quedado "practicamente derrubada".

O 112 tivo constancia do incendio sobre as 19,00 horas deste domingo, cando varios particulares comezaron a percibir o fume desde distintos puntos. No operativo inicial participaron os Bombeiros de San Cibrao, Garda Civil e Protección Civil.

Dada a intensidade do incendio, fóronse sumando efectivos de Bombeiros de Ourense, Celanova, Xinzo de Limia, membros do GES e de Protección Civil de Pereiro de Aguiar, de Ourense e de Maceda e persoal de extinción deMedio Rural. Ademais, no lugar, o Servizo Provincial de Emerxencias da Xunta de Galicia constituíu un Posto de Mando Avanzado para coordinar as tarefas. Polo momento, descoñécense as causas que orixinaron o lume.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE