El Correo entrega os seus premios reivindicando o "xornalismo rigoroso" fronte á "furia" das redes

José Manuel Rey presentou a Alberto Tajes Rey como director xeneral do xornal compostelán. Fíxoo durante a entrega dos premios Galegos do Ano 2018 este xoves en Santiago de Compostela.


|

José Manuel Rey presentou a Alberto Tajes Rey como director xeneral do xornal compostelán. Fíxoo durante a entrega dos premios Galegos do Ano 2018 este xoves en Santiago de Compostela.



20181011 224508 resized

Foto de familia dos premios Galegos do Ano


O director do Correo Gallego recoñeceu que a cabeceira pasou momentos difíciles nos últimos anos pero saíu adiante. "Comezamos a saír do negro pozo dunha crise brutal, dun inferno que nos deixou feridos. Sabémolo toda a familia do diario da capital de Galicia: descendemos ao inferno churchilliano de sangue, suor e bágoas, e sobrevivimos", declarou ante as 1.500 persoas que enchían case por completo o Palacio de Congresos.


A Tajes, ex-director comercial do diario,  definiuno no seu discurso como "fillo da era dixital, é o conselleiro máis novo nos 141 anos de historia do xornal". "A súa elección simboliza a continuidade do proxecto xornalístico da capital de Galicia", engadiu. 


De fronte ao futuro, Rey presentou como clave apostar por o  "xornalismo rigoroso, honesto e sereno que abanderamos os medios da prensa tradicional" fronte "a furia dos que se alimentan nas redes sociais, e que as envilecen" e "os populismos que cabalgan aos lombos da desigualdade".


As palabras do informador deron paso a unha cerimonia na que recolleron os seus premiosa saltadora Ana Peleteiro, Miguel Carrero López (grupo PSN), Felipa Jove (presidenta da Fundación María José Jove e directiva do grupo Inveravante), José Delfín Pérez (Applus+), José Luís Antuña (director de CLUN, antes Feiraco), Vitoria de Vermellas (xefa de Oftamología do CHUAC), o escultor Francisco Leiro, a doutora de Neonatología do CHUS Luz Couce, o empresario de novas tecnoloxías Antonio Agrasar (Plexus), Alfredo García Allut (responsable de transplantes no Hospital Gregorio Marañón), Marcelo da Cruz (presidente de ASPAS), o presidente do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática Fernando Suárez e os músicos da Tuna de Dereito da Universidade de Santiago. 


O último galardón, e o máis importante, foi para José Manuel Romay Beccaría. O ex-ministro e ex-presidente do Consello de Estado reivindicou o "arraigamento social" da autonomía entre o pobo galego, que cre foi produto da "atmosfera especial" que prendeu durante o fraguismo  e que hoxe entende representa "o meu discípulo predilecto, esoutro fillo". Un Alberto Nuñez Feijóo que na súa intervención presentou a Romay como un dos arquitectos da "catedral autonómica" e que dixo que os premiados proban que "a nosa historia recente é un éxito".





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE