Incidentes en Cataluña durante o aniversario do 1-O
No primeiro aniversario do referendo ilegal do 1 de outubro, os CDR desenvolven diversos actos de protesta en Catalunya.
Membros dos Comités de Defensa da República catalá (CDR) ocuparon ás 6.30 horas deste luns 1 de outubro as vías do AVE na estación de Xirona, polo que o servizo de tren de alta velocidade atópase interrompido, informaron os Mossos d'Esquadra.
Segundo informou Renfe, como consecuencia da protesta detívose a circulación do AVE entre as estacións de Figueres, Xirona e Barcelona, e os viaxeiros afectados están a ser derivados a servizos rexionais de Rodalies.
MARCHA EN PASEO DE GRÀCIA
Membros dos CDR de Barcelona marcharon a mañá deste luns polo paseo de Gràcia cara aos Jardinets de Gràcia, onde ás 12.00 horas hai convocada unha manifestación unitaria para conmemorar o aniversario do 1-O.
A marcha uniu aos manifestantes que á primeira hora se concentraron en diversos puntos da cidade, e obrigou a cortar a circulación da vía.
Ás 7.00 horas producíronse concentracións en puntos como a praza Catalunya fronte ao Banco de España, a Via Laietana xunto ao mercado de Santa Caterina e a praza Letamendi fronte á sede da Axencia Tributaria.
CORTES EN ESTRADAS
Polo menos un centenar de persoas cortaron este luns a estrada LL11 en Lleida para conmemorar o primeiro aniversario do referendo do 1 de outubro.
Unha patrulla dos Mossos d'Esquadra tentou que estás persoa abrisen a circulación, pero negáronse a facelo.
Outro centenar de persoas atópanse diante da Axencia Tributaria de Barcelona, que está protexida por un cordón policial dos Mossos d'Esquadra. Os CDR piden a dimisión do actual conseller de Interior, Miquel Buch.
Tamén cortaron a circulación en diversos puntos de Barcelona como a praza Catalunya, a Via Laietana á altura do mercado de Santa Caterina e a Gran Via á altura de Passeig de Gràcia.
O Comité de Defensa per a República de Cambrils cortou a AP-7 á altura de Vandellòs.
Escribe o teu comentario