A próxima Eurocopa será en Alemaña
O Comité Executivo da UEFA decantouse finalmente polo país xermano ante o informe desfavorable de Turquía.
A UEFA tomou unha decisión. Finalmente, a Eurocopa de 2024 fará honra ao seu nome e quedará no continente: Alemaña ha sigo a elixida para acoller a sede do campionato internacional.
Berlín, Colonia, Dortmund, Dusseldorf, Frankfurt, Gelsenkirchen, Hamburgo, Leipzig, Stuttgart e Múnic son as sedes que terá Alemaña, que antes da unificación do país en 1990 xa organizou a Eurocopa de 1988.
Finalmente, o proxecto alemán convenceu á UEFA fronte á proposta de Turquía, que suspendeu en infraestruturas e no plan de transporte proposto aos xerarcas do fútbol europeo.
Escribe o teu comentario