"Feijóo non pode defender aos profesionais sanitarios que maltrata"

Cando se lle pregunta pola Comsión de Investigación sobre a Sanidade Pública, o presidente da Xunta saca peito e di que estará encantado de acudir a defender o traballo dos profesionais do SERGAS. Alberto Nuñez Feijóo defende así a alguién a quen ninguén acusa. Hoxe a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública lembroulle que "o señor Feijóo non pode defender a uns profesionais aos que maltrata".

|

Sergassantiago

A AGDSP rexeita deste xeito "a basta defensa dos sanitarios por Nuñez Feijóo" cando desde a prensa cuéstionanlle pola Comisión. O Parlamento aprobou hoxe formalmente o seu lanzamento, grazas aos votos da oposición, non os do PPdeG.

OS RECORTES SANITARIOS DE FEIJÓO

A Asociación ataca "o cinismo político" e a "burla ao colectivo sanitario" do político. Por que? Ao mandatario lle recuedan algunhas das medidas que tomou desde que chegou ao poder: "obrigar a xubilarse contra a súa vontade aos 65", "precariedade laboral con máis da metade dos persoais en situación de provisionalidade", "contratos lixo por horas", ausencia de substitucións e un longo etcétera. 

O colectivo prol-sanidade pública aplaude a creación da Comisión, que ve como unha "oportunidade" para loitar contra a "privatización". Está por ver se a maioría parlamentaria do PPdeG deixa que a súa voz resoe no Parlamento, pois os conservadores teñen na súa man vetar a algúns dos candidatos para comparecer.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE