Esixen a retirada do anuncio de Land Rober, que asegura que o programa é mellor "que pegarlle a unha vella"

Consideran que con esta comparación o programa sitúase "nun nivel tan ínfimo" que o fai impropio da canle pública


|


Land rover promo vella


A Confederación Intersindical Galega (CIG) esixe a inmediata retirada do anuncio de volta á pantalla de o programa Land Rober da programación da TVG . Segundo o comunicado feito publico este mércores polo sindicato, a promoción tenta convencer á audiencia "en clave humorística" de que é "mellor ver Land Rober que pegarlle a unha vella"


"A través do humor, por tanto, presupón que se pode pegar ás vellas, desvirtuando e minimizando a gravidade das actitudes de violencia machista", explica a CIG. Consideran que con esta comparación o programa sitúase "nun nivel tan ínfimo" que o fai impropio da canle pública, que "debe inspirarse" nos principios de respecto á dignidade humana, a igualdade entre homes e mulleres e a non violencia. 


O vídeo segue dispoñible nas redes sociais da TVG


Así as cousas, a central sindical esixe ao director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que "actúe coa maior contundencia e ordene a inmediata retirada de emisión desa despreciable autopromoción, ademais de depurar as responsabilidades que correspondan". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE