En 2019 haberá 284 prazas máis de MIR tras un acordo entre Sanidade e as comunidades autónomas

Aprobaron un aumento de 284 prazas MIR para esta convocatoria, o que supón un incremento do 4,4 por cento respecto ao período 2017-2018


|

Medicodoctorconsulta


O Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e as comunidades autónomas, no Pleno da Comisión de Recursos Humanos do Sistema Nacional de Saúde, celebrado este mércores 5 de setembro, aprobaron un aumento de 284 prazas MIR para esta convocatoria, o que supón un incremento do 4,4 por cento respecto ao período 2017-2018.


En total, a oferta de prazas de Formación Sanitaria Especializada para a Convocatoria 2018-2019 sitúase en 8.402 prazas, un 4,5 por cento máis que o ano pasado, das cales 6.797 corresponden a Medicina.


Así mesmo, a reserva de prazas para persoas con discapacidade alcanzará as 588 prazas. As prazas reservadas para profesionais extracomunitarios distribúense en enfermería 2 por cento, farmacia 3 por cento e Medicina 4 por cento.


Respecto a la distribución de las 8.402 plazas de formación sanitaria especializada en régimen de residencia por titulaciones, y la variación con respecto a la convocatoria anterior, se han acordado para medicina 6.797 (aumento de 284 plazas, un 4,4% más con respecto a la convocatoria anterior); farmacia 267 (aumento de 22 plazas, 9% más que en la convocatoria anterior); psicología 141 (aumento de 6 plazas, 4,4% más); radiofísica 33 (aumento de 6 plazas, 3% más); química, biología y radiofísica 71 (aumento de 7 plazas, 9,2% más); y 1.092 para enfermería (41 plazas más, el 3,9% con respecto a la convocatoria anterior).


Por outra banda, a Dirección Xeral de Ordenación Profesional levou ao Pleno unha proposta de revisión do procedemento e requisitos de acreditación de Centros, Unidades e Dispositivos Docentes para a Formación Sanitaria Especializada. Esta proposta foi acollida favorablemente e espérase que as actuacións que se desenvolvan poñan fin ao atraso na acreditación que se veu producindo nos últimos anos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE