Condutores de autobús sofren "xornadas excesivas" e teñen que facer as súas necesidades na vía pública

Os traballadores de Vitrasa, concesionaria dous autobuses urbanos de Vigo, denunciaron á empresa ante Inspección de Traballo. Alertan de contratación fraudulenta de traballadores e de problemas relacionados que poñen en cuestión a seguridade de condutores e pasaxeiros. O concello non respondeu por agora a estas denuncias.


|

Os traballadores de Vitrasa, concesionaria dous autobuses urbanos de Vigo,  denunciaron á empresa ante Inspección de Traballo. Alertan de contratación fraudulenta de traballadores e  de problemas relacionados que poñen en cuestión a seguridade de condutores e pasaxeiros. O concello de Vigo non respondeu por agora a estas denuncias.



Vitrasa

Bus urbano de Vigo


Así,  o Comité asegura que hai "xornadas excesivas, que ás veces chegan a ser máis de dez horas diarias, afectando negativamente á saúde dos traballadores e á seguridade dos viaxeiros". 


Ante o "excaso tempo" para completar as rutas redúcese o descanso "chegando en ocasións a ser inexistente". Algo que  provoca "malestar entre os usuarios" ao fixar Vitrasa os tempos sen ter en conta obras, semáforos novos, etc.


FALTA DE ASEOS

A isto únese que a concesionaria "contrata e despide reiterádamente diferentes persoas para ocupar os mesmos postos". Isto ocasiona que os condutores precarios acepten calquera xornada por medo ao despedimento, din desde a CIG. 


Tan pouco tempo teñen os condutores para descansar entre rutas, que o sindicato nacionalista asegura que ás veces teñen que facer as súas necesidades en plena vía pública,  incluso as traballadoras.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE