As ambulancias teñen problemas de seguridade segundo un informe policial ao fío do suposto amaño do contrato

O PSdeG pide explicacións polo informe policial que detalla problemas de seguridade nas ambulancias do 061. O deputado Xullo Torrado presenta varias iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique que medidas vai tomar.


|

O PSdeG pide explicacións polo informe policial que detalla problemas de seguridade nas ambulancias do 061. O deputado Julio Torrado presenta varias iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique que medidas vai tomar.



Ambulancia061ambuiberica


O político lembra que a Policía Xudicial detecta defectos como o exceso de peso que “afectan á seguridade e operatividade do vehículo”.  O informe pericial argumenta que o sobrepeso pode provocar unha condución impredicible.


Torra critica a suposta sobrecarga de traballo dos técnicos por esta cuestión e, de paso, repasa a polémica sobre a adxudicación das ambulancias do SERGAS.


ENTRADA DE AMBUIBÉRICA EN GALICIA

E é que o informe policial forma parte dun preito no que a Xustiza investiga a suposta concesión irregular das ambulancias a Ambuibérica e outras empresas por parte da Fundación Urxencias Sanitarias da Xunta. 


Un preito polo que está imputado un técnico da devandita Fundación, que xestiona o 061. No punto de mira está Ambuibérica, gran operadora do sector que desembarcou en Galicia grazas á adxudicación baixo sospeita. Unha empresa "dirixida por persoas vinculadas ao PP" que "recibiu 121,6 millnes de euros por contar, xa antes de que se convocase o concurso, cos vehículos rotulados e equipados cos novos requisitos establecidos nos pregos", segundo os socialistas.


O certo é que os defectos descubertos pola Policía non afectan só as ambulancias subcontratadas á castelá Ambuibérica, senón tamén ás empresas galegas que se reparten as 14 áreas do transporte sanitario.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE