As exportacións galegas creceron máis do dobre que as españolas no primeiro semestre de 2018
En canto ao destino, destacan os países da Unión Europea, que reciben case o 80% das vendas de Galicia ao exterior
As exportacións de Galicia superan a media europea
Na primeira metade de 2018, as exportacións de Galicia creceron máis do dobre que as do conxunto de España, "moi por encima da media europea". Así o indica o Barómetro Exportador de Galcia do Foro Económico de Galicia (BAEXGA), que recolle "un desempeño exportador moi favorable" na comunidade.
En canto ao destino, destacan os países da Unión Europea, que reciben case o 80% das vendas de Galicia ao exterior. Con todo, contrastan con estas cifras o número de exportadores. "Segue sendo reducida, e diminuíndo, a nosa cota no total de empresas exportadoras españolas", expón o BAEXGA.
Así as cousas, o sector da confección é o protagonista das cifras. "Triplicamos o crecemento exportador medio español do sector", convertendo así á confección no mellor expoñente da exportación de Galicia. Doutra banda, o sector da automoción seguiu unha boa tendencia durante o primeiro semestre. Diríxese a países da UE, entre os que destacan Italia, Reino Unido e Portugal, aínda que non se amplía a base de empresas exportadoras do sector.
Escribe o teu comentario