"O Punto de Encontro Familiar e os Xulgados deben mellorar porque as mulleres non senten protexidas"

Galiciapress fala cunha usuaria do Punto de Encontro Familiar de Vigo, que saltou á axenda mediática na última semana tras a denuncia do alcalde, Abel Caballero, do seu peche estival 


|

  • Galiciapress fala cunha usuaria do Punto de Encontro Familiar de Vigo, que saltou á axenda mediática na última semana tras a denuncia do alcalde, Abel Caballero, do seu peche estival  
  • O Goberno galego respondeu á queixa de Caballero asegurando que non houbo reclamacións sobre os 15 días de peche en agosto. María responde tallante: "que a Consellería de Política Social diga que non hai queixas é un engano" 



Familia nai fillas ninu0303vos ninu0303as paseando


A maioría de casos que atende o Punto de Encontro Familiar (PEF) de Vigo están relacionados con nais e pais separados con fillas e fillos en común que teñen mala relación. No centro tamén levan a cabo visitas que de proxenitores e proxenitoras ou familiares que non teñen a custodia das e dos menores, xa sexa porque están tuteladas ou acollidas. Ademais, o PEF serve como punto de intercambio en casos onde existe unha orde de afastamento por unha condena de violencia de xénero. 


Este último caso é o que vive María (nome ficticio), usuaria do PEF de Vigo desde hai dous anos coa que falou Galiciapress. O centro, situado nunha rúa próxima á Avenida Martínez Garrido, saltou á axenda mediática na última semana tras a denuncia do alcalde da cidade, Abel Caballero, do seu peche estival.  


Aínda que o obxectivo deste servizo é "favorecer o cumprimento do réxime de visitas como dereito fundamental das fillas e dos fillos para manter a relación con ambas as persoas proxenitoras despois da súa separación", como explica a páxina web da Consellería de Política social -responsable dos PEF, a través de Eulen neste caso-, o de Vigo pechou durante dúas semanas: do 13 ao 26 de agosto


A Xunta saíu do paso ante as declaracións do rexedor vigués, argumentando que o decreto que regula o funcionamento dos PEF "recolle a posibilidade de que estes pechen durante 15 días do mes de agosto, previa reorganización das intervencións previstas para ese período". 


O horario anual do Punto de Encontro Familiar, e que se mantén no verán, é o mércores entre as 16.00h e as 20.15h e de xoves a domingo de 10.00h a 14.00h e de 16.00h a 20.15h. O centro pecha, segundo estipulan os seus horarios, luns e martes, 15 días en agosto e o 25 de decembro e o 1 de xaneiro -o 24 e o 31 só en horario de tarde-. 


"Durante o ano pecha de luns a mércores pola tarde, e isto segue no verán. Non se ten en conta que é época de vacacións, e os pais e nais necesitan máis este servizo, polo que unha ten que buscar alternativas con axuda da familia", explica María. En casos como o seu, con condenas por violencia de xénero, isto implica "situacións desagradables". 


O Goberno galego respondeu á queixa de Caballero asegurando que non houbo reclamacións sobre os 15 días de peche en agosto. María responde tallante: "que a Consellería de Política Social diga que non hai queixas é un engano", pois o réxime de visitas, explica, non se altera porque o PEF estea pechado. Se unha persoa ten que recoller á súa filla ou fillo o 24 de agosto "terá que buscarse outra alternativa, e cando existen conflitos é complicado". A usuaria do PEF asegura que hai queixas, pero se rexistran no propio centro. 


REINVINDICACIONES DAS USUARIAS

Así as cousas, as persoas usuarias do Punto de Encontro Familiar solicitan -e necesitan- que o centro estea aberto "os 365 días do ano". Ademais, segundo conta María, "o lugar onde se atopa está moi mal comunicado en cuestión de transporte público, e os accesos ao centro son por rúas estreitas". 


A localización inflúe moito no inverno, cando nos días de mal tempo "se non accedes en coche chegas mollada". Pero non só supón algo negativo polas condicións meteorolóxicas. "Unha localización con mellor transporte e non escondida entre bloques de vivendas, daría máis seguridade á vítima de non atoparse co maltratador", apunta María


Doutra banda, unha maior coordinación PEF - Xulgado melloraría substancialmente a calidade do servizo para as usuarias. "O Xulgado de Violencia de Xénero debería estar máis informado sobre o funcionamento do PEF", alega a usuaria, pois "non mostra ningún interese, porque senón sabendo que non abre os 365 días do ano tería que dar por feito que se van a producir situacións nas que o peche do centro vai provocar conflitos". 


"O Xulgado debe mellorar moito porque as mulleres non sente protexidas, e cada vez menos. Cada vez está peor", sentenza. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE