Un presidente dunha comisión de festa investigado por un delito ao causar os lumes un incendio
Os responsables das numerosas festas patronais que hai en Galicia deben tramitar os fogos artificiais, aínda que sexan unhas simples bombas de palenque, cumprindo a lei. De non facelo, se hai algún accidente, expóñense a que a Xustiza os persiga, como lle sucede ao presidente dunha comisión de Baixo Miño.
Os responsables das numerosas festas patronais que hai en Galicia deben tramitar os fogos artificiais, aínda que sexan unhas simples bombas de palenque, cumprindo a lei. De non facelo, se hai algún accidente, expóñense a que a Xustiza os persiga, como lle sucede ao presidente dunha comisión de Baixo Miño.
O Seprona da Garda Civil investiga por imprudencia ao presidente da comisión de festas dun municipio do Baixo Miño (Pontevedra) como presunto responsable dun incendio forestal que se produciu por mor duns fogos artificiais que se lanzaron durante os festexos dunha parroquia da devandita localidade.
INCENDIO TRAS OS FOGOS DE ARTIFICIO
O incendio afectou a uns 4.000 metros cadrados de superficie arborizada nesta comarca do sur a Comunidade a finais do mes de xullo, segundo os datos achegados pola Xunta de Galicia.
Tras as pescudas realizadas, o Seprona concluíu que o lume foi causado polo lanzamento de fogos artificiais nun lugar próximo a unha zona forestal o mesmo día do sinistro .
BOMBA DE PALENQUE, POSIBLE CAUSA
Os encargados da investigación atoparon varillas dos artificios pirotécnicos e unha bomba de palenque no punto onde comezou o incendio e, posteriormente, descubriron varias irregularidades na tramitación e expedición da licenza para tirar os lumes.
Entre estas anomalías detectaron a ausencia dun vehículo cisterna no recinto da festa e que, ademais, o lugar para o lanzamento de artificios atopábase entre varias leiras agrícolas, a menos de 200 metros dunha zona forestal.
O achado de restos pirotécnicos e as irregularidades respecto das medidas de seguridade levou á Garda Civil a investigar ao presidente desta comisión de festas como suposto autor dun delito por imprudencia de incendio forestal.
Escribe o teu comentario