A Coruña di non a planta de residuos de Santa Icía

O Concello rexeitou a instalación da planta polo seu "impacto negativo na contorna, no que viven 10.000 persoas a menos dun quilómetro"


|

Maru00eda Garcu00eda concejalu00eda de medio ambiente coruu00f1a

María García, concelleira de Medio Ambiente


O Concello da Coruña rexeitou a instalación da planta de residuos industriais en Santa Icía polo seu "impacto negativo na contorna, no que viven 10.000 persoas a menos dun quilómetro".


Nun comunicado, a Concellería de Medio Ambiente alega, dentro do proceso de avaliación do seu impacto ambiental que realiza a Xunta, que tería unha afección directa sobre os núcleos de Novo Mesoiro, Feáns e as urbanizaciónes Breogán e Obradoiro.


Sobre este proxecto, o goberno local ha remitido á Xunta de Galicia un informe de avaliación de impacto ambiental que rexeita a localización da planta en Arteixo, entre outras cuestións, pola súa proximidade a núcleos urbanos.


As alegacións da Concellería de Medio Ambiente sosteñen que a actividade desta planta "xunto a unha zona densamente poboada, supoñería que o impacto da actividade afecte directamente" aos 10.000 habitantes dos núcleos máis próximos.


O informe subliña tamén a transformación que ocasionaría a instalación da planta "nunha zona declarada como chan rústico de especial protección forestal e a súa contorna, así como as afeccións negativas que causaría a nivel de ruído e de calidade do aire".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE