"Intereses cruzados" manteñen parte da radioloxía fóra do SERGAS

A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Galicia carga contra a "privatización" do servizo de radioloxía no SERGAS. É máis, denuncia "intereses curzados" coa sanidade privada.


|

A Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Galicia carga contra a "privatización" do servizo de radioloxía no SERGAS. É máis, denuncia "intereses curzados" coa sanidade privada.



Galaria


Así, o colectivo lembra que a a xerente de Galaria desde o ano 2009 era María Luisa Brandt (ex de Arthur Andersen e Deloitte ). En novembro de 2017, foi sustituída pola ex-conselleira de Sanidade Rocío Mosquera. Brandt pasa a ser xerente de Povisa,  precisamente a concesionaria do SERGAS para a que traballou  de Mosquera. En opinión da plataforma,  "unha especie de cambio de cromos entre a sanidade privada e os chriringutos creados por Feijóo ".


Produto desta situación, a Plataforma argumenta que, tal e como sinala o Consello de Contas, o custo do servizo de Radioloxía prestado por Galaria é excesivo en Vigo, área sanitaria onde presta os seus servizos, en comparación con outras zonas, como A Coruña.


O grupo asegura que os equipos públicos doutras cidades próximas están infrautilizados mentres o SERGAS paga a Galaria miles de millóns en Vigo. Ademais, lembra que os equipos cos que se fan as exploracións foron pagados con diñeiro público.


Por todo  isto, a Plataforma lembra ao Sergas o seu "compromiso" de incorporar a Galaria dentro da infraestrutura normal da sanidade pública.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE