VÍDEO: Balea e cría fronte á costa galega
Unha balea coa súa cría foi avistada na mañá deste mércores cando nadaba coa súa cría fronte á costa de Corrubedo, unha parroquia do municipio coruñés de Ribeira.
O Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia publica un breve vídeo dunha parella de baleas ao oeste de Corrubedo.
Unha balea coa súa cría foi avistada na mañá deste mércores cando nadaba coa súa cría fronte á costa de Corrubedo, unha parroquia do municipio coruñés de Ribeira.
O mamífero foi observado polos efectivos do helicóptero Pesca I, que esta mañá regresaban dun adestramento cando detectaron ao animal.
Precisamente, o equipo dos Gardacostas de Galicia colgou un vídeo nas redes sociais do servizo na que se pode ver a ambas as baleas.
Escribe o teu comentario