Ninguén da Xunta chamou á familia do ancián morto desantendido nun centro do SERGAS
A familia do ancián morto no PAC da Estrada quéixase que ninguén do goberno galego púxose en contacto con eles. O enfermo morreu no centro hospitalario atendido por outra paciente -enfermeira- porque non había nin médicos nin enfermeiros no Punto de Atención Continuada. O doutor e o enfermo destinados alí saíra a cubrir unha urxencia. Un sindicato pensa levar o caso á Xustiza.
A familia do ancián morto no PAC da Estrada quéixase que ninguén do goberno galego púxose en contacto con eles. O enfermo morreu no centro hospitalario atendido por outra paciente -enfermeira- porque non había nin médicos nin enfermeiros no Punto de Atención Continuada. O doutor e o enfermeiro destinados alí saíra a cubrir unha urxencia. Un sindicato pensa levar o caso á Xustiza.
Unha pasada mobilización do colectivo "PACs en pé de guerra"
A Xunta alegou onte que ese é o equipo de traballo habitual nese PAC o fin de semana. A familia quéixase da falta de persoal, que achaca aos recortes.
Así, as cousas, polo menos un sindicato, O’MEGA exponse levar o caso á Xustiza. O sindicato reclama “volver” ao sistema anterior, onde no PAC había di polo menos dous facultativos. O seu portavoz Manuel Rodríguez dixo en declaracións á SER que “posiblemente teremos que recorrer á fiscalía”.
Críticas ao goberno chegan tamén desde o colectivo “PACs en pé de guerra”. Os profesionais levan meses denunciando as súas condicións laborais e piden a volta polo menos ao estado previo á crise económica, atacando a dotación inferior que hai nos veráns nestes centros.
Escribe o teu comentario