A feira itinerante de emprego da ONCE 'Non te rendas nunca' chega a Pontevedra

O roadshow 'Non te rendas nunca' para achegar a mozos con discapacidade ao emprego chega o xoves 2 de agosto ás 11.00h á Praza do Concello de Pontevedra


|

Roadshow noterindasnunca once emprego


O roadshow 'Non te rendas nunca' chega este xoves 2 de agosto ás 11.00h á Praza do Concello de Pontevedra. Trátase dunha inciativa de Inserta Emprego Fundación ONCE, que ten como obxectivo achegar a cinco mil novos con discapacidade ao emprego. 


A inauguración do roadshow contará coa Directora Rexional en Galicia de Inserta Emprego Fundación ONCE, Menchu Iglesias Rey, e a alcaldesa en funcións, Carme da Silva. Durante o próximos tres meses a feira itinerante percorrerá 78 localidades españolas de 15 comunidades autónomas diferentes. 


Baixo o lema "Esta oportunidade non pasa todos os días", a iniciativa busca formar e informar a 5.000 mozos sen emprego que teñan entre 16 e 29 anos e que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% para mellorar as súas oportunidades laborais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE