Estes son algúns dos voos que Ryanair cancela en Galicia pola folga

Moi lentamente, Ryanair empeza a asumir que deixará en terra a miles de pasaxeiros, entre os que se estima ata uns 7.000 galegos. A compañía de baixo custo, e ás veces tamén pobre servizo, non publicou aínda que voos están cancelados, pero esta información pódese inferir dos correos electrónicos que están a recibir os pasaxeiros.


|

Moi lentamente, Ryanair empeza a asumir que deixará en terra a miles de pasaxeiros, entre os que se estima hai ata uns 7.000 galegos. A compañía de baixo custo, e ás veces tamén pobre servizo, non publicou aínda que voos están cancelados, pero esta información pódese inferir dos correos electrónicos que están a recibir os pasaxeiros.




Ryanairavionequipaje


RYANAIR METE PRESIÓN AOS SEUS TRABALLADORES

Hai que ter en conta, iso si, que os voos cancelados poden ser finalmente máis. De acordo á lexislación laboral española, os traballadores non teñen ningunha obrigación de comunicar ao empleador con antelación se secundarán unha folga. 


Por tanto, o correo que mandou Ryanair aos seus tripulantes de cabina pedindo información sobre se acudirán ao posto de traballo non é vinculante para o asalariado e pode ser ilegal. De feito, dous sindicatos denunciárono así ante a Inspección de Traballo. 


ESTIMACIÓNS

En definitiva, as estimacións que fai a compañía sobre que voos cancelará son iso, estimacións. Por agora di que non voarán 50.000 pasaxeiros en España. Seguramente máis viaxeiros dos que están a recibir un SMS ou un email de aviso quedarán finalmente en terra.


A compañía ten a obrigación de reembolsar os billetes, salvo que ofreza unha alternativa que supoña viaxar non máis de dúas horas antes e chegar non máis de catro horas tarde, se avisa con menos de dúas semanas de antelación.  


Voos cancelados o día 25

Santiago Barcelona 8:50

Santiago Alacante 15:35

Santiago Milán 16:25

Santiago Madrid 22:25

O Porto París Beauvais 6:50

Santiago Barcelona 22:30

Milán Santiago 19:15

Madrid Santiago 20:25

Barcelona Santiago 6:30

Barcelona Santiago 20:00

Alacante Santiago 13:25

Vigo Barcelona 18:35

Barcelona Vigo 16:15


Valencia O Porto 15:45

París Vatry O Porto 16:35

París Beauvais O Porto 10:25

París Beauvais O Porto 22:00

O Porto Milán Bérgamo 6:25

O Porto Barcelona 6:30

O Porto Madrid 6:30

O Porto Lisboa 6:40

O Porto Luxemburgo 6:50


Voos cancelados o día 26

Barcelona Vigo 16:15 

Alacante Santiago 13:55

Barcelona Santiago 6:30

Barcelona O Porto 9:00

Barcelona O Porto 9:55





relacionada Estes son os servizos mínimos para a folga de Ryanair
relacionada Estes son algúns dos voos que Ryanair cancela en Galicia pola folga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE