Multados con ata 1.000€ por ir bébedos en bicicleta

En Barro e Mos Tráfico sorprendeu a dous ciclistas superando o límite de alcol. Un deles ía tan peneque que invadía o sentido contrario de circulación.


|

En Barro e Mos Tráfico sorprendeu a dous ciclistas superando o límite de alcol. Un deles ía tan peneque que invadía o sentido contrario de circulación.


La Guardia Civil intercepta a un ciclista

A Garda Civil ha denunciado a dous ciclistas que foron interceptados circulando baixo os efectos do alcol en estradas da provincia de Pontevedra. Os ciclistas enfróntanse a multas de ata 1.000 euros ademais da a inmovilización do vehículo.

CAL É A TAXA DE ALCOL PARA UN CICLISTA?
Os dous casos producíronse esta semana, segundo informou o Instituto Armado nun comunicado no que lembra que os ciclistas teñen as mesmas responsabilidades e obrigacións nas vías públicas que os condutores de vehículos a motor e, por tanto, a taxa máxima de alcoholemia permitida é de 0,25 mg/l.

O primeiro deles, veciño de Barro de 29 anos de idade, foi interceptado no municipio de Portas, logo de que os axentes recibisen un aviso no que alertaban da presenza dun ciclista transitando pola N-550 con "evidentes síntomas de embriaguez".

METÍASE NO CARRIL DO OUTRO SENTIDO
Unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra localizou ao ciclista na zona da Barosa, circulando en zigzag e invadindo o sentido contrario á súa marcha. Tras ser sometido á proba de alcoholemia, arroxou un resultado positivo case tres veces por encima do límite permitido.

O pasado xoves, outro ciclista foi localizado rodando baixo os efectos do alcol na estrada EP-2402 ao seu paso pola zona de Torneiros, no Concello de Mos. Neste caso, o home, de 49 anos e veciño de Mos, deu un resultado de 1,18 mg/l.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE