Como combater a calor sen que afecte o noso peto

O aire acondicionado é o principal responsable do aumento da factura da luz durante as épocas de calor. Un aparello de 2.200 frigorías consome unha media de 1.350 watts por hora, podendo alcanzar os 2.900 watts. 


|

Aire acondicionado verán calor


Nos meses de inverno o consumo enerxético dispárase. Acendemos a calefacción, pasamos máis horas en casa, os días son máis curtos... Pero, contrariamente ao que podemos pensar, o verán tamén é unha época de alto consumo enerxético. O maior responsable? O aire acondicionado.


Segundo o útlimo estudo relizado polo comparador de seguros do fogar Acierto.com, durante a época estival o a factura da luz dos fogares galegos pode aumentar ata un 30% con respecto ao resto do ano, case 170 euros máis. Depende por suposto dos tipos de electrodomésticos e outros factores, pero o pico enerxético vén dado pola enerxía consumida polo aire acondicionados: un aparello de 2.200 frigorías consome unha media de 1.350 watts por hora, aínda que os antigos poden chegar a empregase 2.900 watts


COMO AFORRAR NA FACTURA DA LUZ

O primeiro que temos que facer á hora de refrigerar os nosos fogares é elixir o equipo adecuado. Na decisión deben influír as características do aparello, analizando cada detalle e informándose para elixir a mellor opción para cada casa. Así mesmo, é importante valorar en que estancia vai instalar, pois se estima que o 20% das necesidades de climatización das vivendas prodúcense por perdas de frío ou calor. 


Unha vez tomada a decisión, é necesario controlar a temperatura. Un aire acondicionado a 26 graos pode supoñer un 30% máis de consumo que a 22 graos, e evitar deixalo acendido durante toda a noite pódenos aforrar 2,40 euros ao día ao noso peto. Para mellorar a temperatura tamén é recomendable evitar que entre a luz do sol nas nosas casas, ben con toldos, cortinas opacas ou persianas nas horas centrais. 


Ademais destas medidas, outro bo consello é manternos frescas a nós mesmas. É dicir, mitigar a sensación de calor con roupa adecuada, durmir con sabas de algodón e comer lixeiro, con verduras e froitas como ingredientes principais, axudará a que sintamos mellor, non necesitemos tantos os métodos de refrixeración, e, por tanto, reducir o consumo enerxético, o que nos permitirá difrutar máis do verán. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE